Os bombeiros da Chavasqueira denuncian as deficiencias dos seus equipos
O corpo de bombeiros de Ourense denuncia que sufriron queimaduras durante o incendio das termas pola falta dun vestiario adecuado.
O corpo de bombeiros de Ourense denuncia que sufriron queimaduras durante o incendio das termas pola falta dun vestiario adecuado.
O incendio das termas da Chavasqueira segue dando de que falar. Mentres proseguen as investigacións para determinar as causas do lume, Bombeiros de Ourense denuncian que durante os traballos de extinción varios traballadores sufriron queimaduras pola falta dun vestiario adecuado e critican as deficiencias dos seus equipos, como as avarías das motobombas durante o incendio da Chavasqueira.
Os bombeiros reuníronse con membros da ‘Plataforma Cidadá Ourense Mellor’, onde os traballadores han denuncia ademais a falta de efectivos e sinalan que o Concello non repón convoca novas prazas desde 2011. Desta forma, aínda que deberían contar con 72 efectivos, o persoal é de só 49, con dez traballadores que se xubilarán pronto.
A continuación, o corpo de bombeiros pon o foco de novo sobre o goberno municipal, que non aceptou asumir o pago do 10% dun acordo alcanzado coa mutua aseguradora para mellorar o servizo, perdendo así o investimento. Ao alcalde auriense, Jesús Vázquez, tamén o sinalan como culpable de que varios edificios públicos da cidade das Burgas non teñan un plan de incendios e un protocolo de evacuación, a pesar de que reciben unha gran afluencia.
Escribe o teu comentario