Banco Popular

​O Santander asina o ERE entre presións para que Banco Pastor siga existindo

"Son empregos de alta calidade e de salarios decentes que van cara a un modelo de desvalorización salarial", afirman desde En Marea.

Acaba o prazo para que os accionistas de Popular acepten a compensación do Santander

A entidade de Ana Botín ofreceu bonos de fidelización a quen comprou accións na última ampliación de capital.

O ERE afectará a cinco oficinas galegas do Banco Popular e o Santander

A cifra de traballadores afectados en Galicia pode chegar aos 500. En toda España, a compañía prescindirá de 1.580 empregados.

O Santander pon na corda frouxa case 200 empregos das oficinas do Popular-Pastor

Son as cifras do ERE que o banco trasladou aos sindicatos e corresponden cos centros que teñen na Coruña e Bergondo.

Unha asociación de consumidores anuncia accións en defensa dos accionistas do Popular

Acouga recomendou en xullo non subscribir o que consideraba "bonos trampa" ofertados polo Santander.

O Santander chama aos sindicatos pola reestruturación tras rescatar o Popular

Os representantes dos traballadores en Galicia reclaman manter a marca Banco Pastor, como unha "solución" para o emprego


Os ex presidentes do Banco Popular, investigados polo desastre do Banco Popular

O xuíz da Audiencia Nacional abre dúas causas seperadas pola ampliación de capital e por manipular as cifras da entidade.

A Audiencia Nacional rexeita suspender de forma cautelar a venda do Banco Popular

Expón que as reclamacións hai que dirixilas aos tribunais europeos.

Anticorrupción pide investigar os ex presidentes do Banco Popular Ron e Saracho

As querelas dirixidas contra eles acúsanos de ocultar a situación financeira da entidade nas ampliacións de capital.

Novo recurso ante a Xustiza europea pola resolución do Popular

Un bufete de avogados leva o seu terceiro recurso ante o TXUE, debido ao "elevado número de solicitudes" de accionistas afectados.

O Popular ía ser "incapaz de pagar as súas débedas no futuro próximo"

O BCE publicou a versión non confidencial da análise que fixo do banco en xuño e que levou á súa resolución.

Bruxelas despacha as dúbidas sobre a venda do Popular ao Banco Santander

O goberno comunitario conclúe que a operación "non presenta problemas de competencia" porque hai "competidores fortes".

A resolución do Popular chega ante a Xustiza europea

Máis de 2.000 afectados presentarán un recurso o luns, mentres investidores mexicanos fixérono este venres.

O Santander ofrece aos pequenos accionistas do Popular compensalos con bonos propios

Os clientes que acepten esta compensación renunciarán á vía legal e non poderán recuperar o seu diñeiro ata dentro de sete anos.

O Banco de España non tivo "nin voz nin voto" na venda do Popular

O gobernador Luis María Linde esquiva calquera responsabilidade e sostén que o a institución actuou como mero "observador".

A CNMV prohibe con efectos inmediatos e por un mes as vendas en curto de Liberbank

O efecto arrastre do Popular tivo unha relación "moi probable" coa evolución dos últimos días da caída na cotización das súas accións

A Agrupación Alexandre Bóveda pide garantir que o fondo da Barrié queda en Galicia

Esixen á Xunta que asegure que non poida ser vendido, pois trátase dun "importante" patrimonio documental e artístico. 

Preocupación polo futuro da Fundación Barrié tras a caída do Popular

Desde a institución, que ten investimentos como a rehabilitación do Pórtico da Gloria, manteñen silencio.

Santander convértese na segunda maior entidade galega tras adquirir o Popular

A operación non contempla axudas públicas. O novo dono ampliará capital por uns 7.000 millóns.

Popular non recibirá ningunha inxección de diñeiro público

Segundo o ministro de Economía, a entidade superou os test de estrés "terroríficos" do BCE, polo que descartan que necesite saneamento.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE