Os ex presidentes do Banco Popular, investigados polo desastre do Banco Popular

O xuíz da Audiencia Nacional abre dúas causas seperadas pola ampliación de capital e por manipular as cifras da entidade.


|

Ronsarachopopular


O xuíz da Audiencia Nacional Fernando Andreu investigará os ex presidentes do Banco Popular Ángel Ron e Emilio Saracho polos presuntos delitos de falsidades societarias e administración desleal, contra o mercado, falsidades documentais e apropiación indebida no marco da ampliación de capital da entidade financeira en 2016.


En tres autos o maxistrado admitiu a trámite tres querelas contra o Banco Popular, os dous ex presidentes e membros do seu Consello de Administración, cuxas citacións para declarar como investigados aínda están por fixar.


O titular do Xulgado Central de Instrución número 4 afirma que son diversos os feitos que se denuncian e, por tanto, seguindo o criterio da Fiscalía Anticorrupción, acordou abrir dúas pezas separadas: a primeira delas está relacionada coa ampliación de capital realizada en 2016 polo importe de 2.505 millóns de euros; e a segunda, coa manipulación do mercado mediante a publicación de noticias con datos e informacións "falsas" antes de que a entidade fose vendida por un euro ao Banco Santander.


Segue lendo esta noticia en Pressdigital.


relacionada A Audiencia Nacional rexeita suspender de forma cautelar a venda do Banco Popular
relacionada A metade dos pequenos accionistas do Popular aceptan a compensanción do Santender
relacionada Anticorrupción pide investigar os ex presidentes do Banco Popular Ron e Saracho

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE