Anticorrupción pide investigar os ex presidentes do Banco Popular Ron e Saracho

As querelas dirixidas contra eles acúsanos de ocultar a situación financeira da entidade nas ampliacións de capital.


|

Popularbancologo


A Fiscalía Anticorrupción pediu a admisión a trámite dunha trintena de querelas que se interpuxeron contra os ex presidentes do Banco Popular o galego Ángel Ron e Emilio Saracho, así como contra os seus respectivos consellos de administración por levar á quebra a entidade.


Segundo informaron fontes xurídicas, a maioría das querelas e denuncias que o fiscal do caso, Antonio Romeral, menciona no seu escrito diríxense contra as dúas últimas cúpulas do banco, sobre todo no que respecta ás operacións que lanzou de ampliación de capital mediante un folleto que non reflectía a realidade da situación financeira. Tamén ve indicios de manipulación do mercado na última etapa da entidade.


Anticorrupción entregou xa o seu escrito ao xuíz da Audiencia Nacional Fernando Andreu, o instrutor encargado do caso desde que o pasado 7 de xuño se anunciase que o Banco Santander comprara por un euro o Popular. Desde entón, fóronse acumulando as querelas e denuncias por parte de organizacións de consumidores e antigos clientes, sobre todo.


Pola contra, as fontes consultadas precisaron que a Fiscalía Anticorrupción non reflectiu no seu escrito ao maxistrado as denuncias ou querelas dirixidas contra os órganos reguladores --Banco de España e a Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV)--, xa que ademais non argumentaban nin os feitos delituosos que se lles podería imputar.


relacionada A Audiencia Nacional recibe as primeiras denuncias pola quebra do Banco Popular
relacionada Saracho: "Estamos abocados a aumentar capital para seguir adiante"
relacionada O Santander ofrece aos pequenos accionistas do Popular compensalos con bonos propios

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE