autobuses

O conflito dos autobuses desatáscase na provincia de Ourense

Os sindicatos e as patronais chegaron a un acordo para subir os soldos, a pesar de posicións previas moi distantes.

O alcalde investigado por explotación de inmigrantes acaba de conseguir unha concesión de bus

A CIG pídelle á Xunta retirar o contrato que asignou á empresa de transporte do rexedor do PP en Xunqueira de Ambía.

As empresas de autobuses auguran o "fracaso" do plan da Xunta

Só se presentaron 75 ofertas para 41 contratos. O sector retoma as negociacións provinciais dos convenios.

As adxudicacións do transporte resolveranse coas "peores relacións imaxinables entre Xunta e sector"

Algunhas das firmas galegas iniciaron reclamacións polo seu lado mentres a Xustiza decide sobre o recurso das patronais.

O conflito dos buses necesita mediadores para tentar algún avance

A folga seguirá suspendida polo menos ata a semana que vén. As empresas recorreron o plan da Xunta.

Primeiro cume do transporte desde a suspensión da folga de autobuses

Das catro mesas provinciais, só na Coruña houbo algún avance "lento". Para os sindicatos, "a posibilidade de volver aos paros segue aí".

Máis de 100 empresas interésanse polos novos contratos do transporte

Adxudicaranse 41 paquetes de liñas de autobuses. Entre hoxe e mañá retómanse as negociacións nas catro provincias.

As empresas de transporte teñen ata o mércores para presentar as súas ofertas

Son 41 concesións repartidas por toda Galicia. Teranse en conta aspectos como antigüidade dos vehículos e que leven cintos de seguridade.

Suspendida a folga de autobuses ao alcanzar un principio de acordo salarial

As asembleas de traballadores votarán cada semana se manteñen este levantamento dos paros ata o 2 de agosto.

Os traballadores dos autobuses manteñen os plans de folga indefinida

As patronais de Lugo e Ourense, as máis afectadas na primeira fase do plan, non dan mostras de achegamento.

Feijóo promete ás empresas do transporte que "non perderán diñeiro"

Dá por rematada a súa responsabilidade e urxe a sindicatos e patronais a "concretar a subida do convenio colectivo".

Conta atrás para evitar que a folga de autobuses sexa indefinida

UXT e CCOO asinan coa Xunta un acordo de cláusulas sociais para os novos convenios. As empresas piden "un xesto" de achegamento.

A patronal do transporte segue quedando atrás na solución ao conflito

Os sindicatos alcanzaron un principio de acordo en cláusulas sociais coa Xunta. Leiceaga alerta do "choque de trens" provocado polo plan.

A Xunta segue adiante co seu plan de transporte co conflito enquistado

Obrigará a a subrogación dos traballadores e limitará o número de concesións por empresa. A cuestión salarial separa ás partes.

A Xunta desconvoca a reunión co sector do transporte e presume de dialogar

Os sindicatos consideran unha "falta de respecto" o plante con 20 minutos de antelación, mentres Rueda di que negociarán "ata a extenuación".

Sexto día de folga de autobuses con avances nas negociacións

"Non hai marcha atrás", sostén a Xunta, mentres os traballadores están decididos a estender os paros a todos os días da semana.

Galicia quedará sen autobuses a partir da semana que vén

Os traballadores respaldaron a proposta dos sindicatos de estender a folga a todos os días da semana desde o próximo xoves 13.

As empresas de autobuses esixen tempo para elaborar un plan "serio e rigoroso"

A Xunta reúnese tamén cos sindicatos, na véspera dunha nova xornada de folga no transporte.

O conflito do transporte por estrada afronta este luns unha xornada clave

Haberá reunións bilaterais entre Xunta, patronal e sindicatos | As citas prodúcense despois do encontro a tres bandas e dos avances na proposta de subrogación das centrais

Xunta e sindicatos de transporte negocian este venres a subrogación do emprego

Infraestruturas reunirase coa patronal o luns para analizar a viabilidade económica do novo plan, a 24 horas dun novo paro e coa posibilidade de que se faga indefinido. 


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE