Fillas de Cassandra regresa en 2026 con 'Tertúlia', un novo disco baixo a pandereita electrónica

As cantareiras avanzan o lanzamento do seu novo traballo para estrear o ano.


|

Frame teaser Tertulia
Fillas de Cassandra

 

Sen haber ido, porque nin Sara Faro nin María SOA tiveron un só momento de descanso nin dentro nin fóra dos concertos, as Fillas de Cassandra volven (e de que forma) neste 2026. Tras o lanzamento de 'Acrópole' en 2023 e revolucionar a escena galega, o dúo vigués afrouxou un pouco o trote este último verán tras a presentación do directo de 'Hibernarse', o último proxecto no que se embarcaron mentres preparaban o seu novo disco, que xa ten nome e que, como avanzan, verá a luz moi pronto.

 

 

AMPLIANDO O UNIVERSO DAS 'CASSANDRAS'

Trátase de 'Tertúlia', o segundo LP das cantareiras modernas, que fixeron público este descubrimento a través das redes sociais e que contará coa produción de Çantamarta e as propias 'cassandras'. 

 

FDC Tertu00falia 1 u00a9 Arancha Brandu00f3n
Fillas de Cassandra

 

Aínda haberá que esperar un pouco para descubrir que se esconde detrás deste adianto programado para primavera, xa que non será até o 30 de xaneiro que teña lugar o lanzamento do primeiro sinxelo cun videoclip rodado no seu Vigo natal e coa dirección de Santi Iglesias, Sergio 'Steel' e as Fillas de Cassandra. 

 

 

En calquera caso, o novo disco non estará moi afastado do son que atoparon en 'Hibernarse', onde prestaron especial atención á música electrónica contemporánea sen despegar da música de raíz. "É unha proposta arriscada e incisiva coa que Fillas de Cassandra amplía o seu universo instrumental e ensancha os marcos da sonoridad percutiva que caracteriza ao dúo", prometen, á vez que destacan que 'Tertúlia' pode enmarcar nun momento "marcado pola fragmentación da comunidade" onde "sentar a falar e escoitar convértese nun xesto político". 
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE