Con agarimo, con coidado, coa dedicación que merece cada un dos seus temas, María SOA e Sara Faro veñen de estrear 'Hibernarse', o último traballo de Fillas de Cassandra. Este EP supón unha nova etapa nesta formación que viviu un ascenso meteórico en dous anos de traxectoria, onde se converteron nun dos nomes propios da escena galega. Estas cantareiras modernas pasarán o Día das Letras Galegas en Madrid, onde levarán o galego e a memoria das cantareiras. Antes, María atende a Galiciapress para debullar este último traballo, o máis multidisciplinar de todos, antes de abrir un tempo de descanso logo de dous anos sen parar de actuar e compor.
Con actuacións en xullo, agosto e setembro, Sara Faro e María SOA incorporan unha nova canción á súa playlist.
Tras un 2023 para o recordo, Sara Faro e María Soa, as Fillas de Cassandra, arrincan 2024 presentando un novo espectáculo -para o que non quedan entradas o vindeiro venres 16 de febreiro en Vigo- no que revisarán 'Acrópole' desde unha nova perspectiva e descubrirán ao público no que están a traballar, con algún proxecto na cociña a lume baixo. Nesta conversa con Galiciapress, o dúo repasa os momentos máis emocionantes do último ano, a conexión que teñen co público e descobren as opcións reais que existiron para ir á última edición do Benidorm Fest, unha opción que descartaron e na que influíu unha actuación de Caamaño & Ameixeiras.
O Festival das Ideas e a Cultura (FIC) 2023 promete un elenco de máis de 30 personalidades que participarán en entrevistas, concertos, monólogos, debates e unha variedade de actividades culturais, todas gratuítas. O actor Carlos Blanco será o mestre de cerimonias deste evento na Coruña.
Este videoclip é o avance dun disco con máis de 12 temas propios no que se xuntarán a música tradicional galega coa electrónica
Galiciapress entrevista a Sara Faro e María Pérez, Fillas de Cassandra, as galegas que coa súa mestura de música urbana e melodías populares actuarán en O Son do Camiño e que están a triunfar co seu primeiro disco, 'Acrópole'.