Poucas veces un resultado electoral permitiu unha lectura política tan fácil como estas eleccións galegas de onte, 12 de xullo. Por esta razón resulta moi sorprendente que haxa dirixentes políticos que sexan incapaces de facer as oportunas lecturas.
Desde o inicio da campaña electoral, Galiciapress entrevistou a candidatos e principais membros das listas electorais das forzas políticas con opcións de entrar na Xunta.
Creo que hai unha opción de cambio a mellor en Galicia, está en mans dos galegos porque estamos a tempo de permitir e de facer un voto que non se conforme para conseguir que este partido entre na Xunta.
Si temos en conta que segundo datos da propia CRTVG os niveis máximos de audiencia están nunha cota de pantalla do 10,5% concluiremos que o impacto social non será moi relevante por moita autopropaganda que faga a CRTVG. Por se esta debilidade das audiencias non fose suficiente para cuestionar a súa influencia no voto final o escenario escollido para o debate non resultou, nin moito menos, o máis idóneo para que os distintos actores políticos puidesen lucir mellor as súas capacidades políticas.
Na súa serie de entrevistas electorais, Galiciapress entrevista ao candidato de Galicia En Común Anova Mareas, Antón Gómez-Reino, que dá o salto desde Congreso dos Deputados a Galicia para tentar liderar a Xunta. O referente de Podemos Galicia só ve dúas alternativas: un bloque progresista, integrado polas tres forzas de esquerdas galegas, ou unha coalición entre o PPdeG e Vox. O suposto control dos medios de comunicación públicos por parte da Xunta, a crise sanitaria e das residencias ou a delicada situación do sector industrial galego son outros dos puntos que ocupan esta conversación.
Os candidatos e candidatas á presidencia da Xunta das principais forzas políticas galegas celebraron este sábado diversos actos en Galicia nos primeiros pasos das formacións para a campaña electoral.
prexuízo do público por considerala máis eficiente. Así, temos constancia de como as súas actuacións en materia de servizos públicos, e moi especialmente nos que fan referencia ao benestar social (atención sanitaria, maiores, dependencia, familia, exclusión social....) foron sempre dirixidas a crear un nicho de mercado para o capital privado, dando entrada mesmo ao capital especulativo.
A campaña do partido de ultradereita con motivo dos comicios galegos non recibiu a acollida que esperaba a forza liderada por Santiago Abascal. Outras organizacións políticas e ecoloxistas cargaron con dureza contra Vox.
Un primeiro dato destacable é o de que o Partido Popular (PP), recorrente gañador nestas tres contendas electorais, moveuse entre o 45,8% (2012) e o 47,6% (2016) dos votos que en termos absolutos supuxo estar sempre por encima dos 650.000 sufraxios, chegando a rozar os 800.000 (2009). Evidencias empíricas que confirman unha indiscutible fidelidade no voto tal que lle permitiu consolidar a súa clara hexemonía política en Galicia.