As bases de Compromiso por Galicia abren a porta á coalición con En Marea e Partido Galeguista
En Marea, que xa anunciou que buscaría concorrer ás eleccións do 12 de xullo nunha coalición de forzas a pesar de non postularse na convocatoria anterior, segue no seu intento de axuntar apoios. Os primeiros a sumarse a esta candidatura parecen Compromiso por Galicia, forza á que as súas bases xa deu o seu respaldo, e o Partido Galeguista.
O vindeiro venres conclúe o prazo para presentar as coalicións e desde En Marea envorcarán agora todos os seus esforzos nas negociacións coas mareas municipais para que estas lles brínden o seu apoio.
Pancho Casal, portavoz de En Marea
O vindeiro venres finaliza o prazo para a inscrición de coalicións. Preto de converterse nunha delas está a alianza de En Marea, Compromiso por Galicia e o Partido Galeguista, que ademais queren sumar a mareas municipalistas que se presentaron ás pasadas eleccións municipais con distintos resultados.
Segundo ven de informar CxG este martes nun comunicado, a militancia decidiu concorrer ás eleccións nunha coalición por unha "amplísima maioría".
A formación aposta por unha "candidatura de país ampla" que teña como "eixo central" ao galeguismo. O secretario xeral de CxG, Piñeiro Docampo, asegura que se vai a "facer todo o posible" por alcanzar unha "solución ampla" para o 12 de xullo con forzas que non sexan "altofalantes das súas sedes de Madrid".
Escribe o teu comentario