MG envía unha delegación técnica a Vigo e Salvaterra-As Neves para avaliar terreos e loxística ante a necesidade de esquivar os aranceis de Bruxelas e consolidar o seu liderado de vendas no mercado continental. Galicia, pola súa experiencia no sector e a súa boa conexión marítima, e España, polas posibles subvencións e a alta aceptación dos produtos chineses, parten como unha das favoritas nunha competición por asegurar o investimento na que tamén participan países como Hungría ou a República Checa.