A consultora tecnolóxica galega Redegal renovou por quinto ano consecutivo a súa acreditación como Google Partner Premier, a categoría máis alta do programa de partners de Google. Este recoñecemento sitúa á compañía con sede en Ourense entre o 3% de axencias de Google Ads en España que cumpren os estándar máis exixentes en rendemento, volume de investimento xestionado e cualificación técnica dos seus equipos.