A folga de buses en Pontevedra se difumina despois dun achegamento entre sindicatos e patronal
O "inmovilismo" das empresas que denunciaban os sindicatos hai unha semana tornouse nunha pequena apertura ao diálogo que, por agora, basta para deixar en suspenso a convocatoria de asembleas coas que definir un previsible calendario de protestas. Fontes consultadas por Galiciapress declaran que, por agora, non hai previsión de que haxa que chegar a ese extremo no curto prazo, á espera de máis avances na reunión programada para o vindeiro xoves 5 de marzo.
Os miles de usuarios que utilizan a diario o transporte de viaxeiros por estrada na provincia de Pontevedra contiñan o alento estes días, vendo como o conflito na Coruña levara ao sector a unha serie de folgas que deixara a moitos afectados sen poder tomar o bus do que dependen para conciliar, chegar ao traballo ou á súa clase. Onte tiña lugar unha reunión decisiva entre a patronal e os sindicatos que achegaría ou afastaría a posibilidade da folga. Afortunadamente, e tras horas de diálogo, a folga parece aparcada, polo menos de momento.
DISTANCIA COA SUBIDA SALARIAL
A reunión deste mércores 25 de febreiro prometía ser un punto de inflexión ou, case mellor, de non retorno: ou a patronal mostraba predisposición ao diálogo ou os sindicatos, coa proposta da CIG de iniciar un proceso de protestas, estarían máis preto de convocar paros como os celebrados na veciña A Coruña. O "inmovilismo" das empresas que denunciaban os sindicatos hai unha semana tornouse nunha pequena apertura ao diálogo que, por agora, basta para deixar en suspenso a convocatoria de asembleas coas que definir un previsible calendario de protestas.
Fontes consultadas por Galiciapress declaran que, por agora, non hai previsión de que haxa que chegar a ese extremo no curto prazo, á espera de máis avances na reunión programada para o vindeiro xoves 5 de marzo. O que si apuntan é que, aínda que se deron pasos na dirección correcta, hai puntos nos que as partes seguen aínda moi afastadas.
Concretamente é o apartado salarial onde atopan máis diferenzas. "Ofrecen un 2,5%", afirman desde a representación dos traballadores, que con todo ven esta proposta todavia "insuficiente" como para cubrir a perda do poder adquisitivo que experimentaron os traballadores cun convenio caducado desde fai xa máis dun ano.
Desde a CIG xa adevertían a este diario hai unha semana que a pretensión da patronal era "que os salarios sigan sendo igual de baixos e facelos aínda máis baixos conforme ao IPC", unha liña vermella para o sindicato. Supón, en todo caso, un cambio, aínda que lonxe da solicitude dos sindicatos que pasan por "o IPC máis 1,5% para 2025, do 2% para 2026 e do 2% para 2027". As dietas, as xornadas laborais e os descansos son capítulos que tamén deben abordar.
Os sindicatos móstranse confiados que nunha semana poidan ter unha previsión mellor á espera de que os empresarios "veñan con outra proposta". A folga, aínda que agora mesmo máis difuminada que hai uns días, aínda sobrevoa a provincia
Escribe o teu comentario