O accidente de Adamuz e a sociedade civil

Gustavo Olmedo Portela

Portavoz do Colectivo de Celadores da Área Sanitaria Pontevedra/Salnés 

Son 41 vítimas as do accidente de tren de alta velocidade Iryo e que se produciu na localidade andaluza de Adamuz. Dando por certo a gran profesionalidade dos corpos de seguridade do Estado, emerxencias, e UME, con todo é conveniente destacar a solidariedade da sociedade civil, que por encima de todo tipo de diferenzas, están sempre aí, a mesma sociedade que ía no fatídico tren e que os políticos tentan dividir. Podía entrar nas frías cifras do sinistro, pero serán entre outros, os técnicos, Adif, Renfe, enxeñeiros e a comisión de investigación que se cree para ese efecto, os que terán que chegar a unha conclusión final que co debido tempo farase pública.
 
Dúas historias ilustran, entre outras moitas, do que somos como seres humanos e como país, por unha banda o novo maquinista falecido, e a súa paixón pola fotografía, e a nena que sobreviviu, de 6 anos que perdeu aos seus pais, ao seu irmán e ao seu curmán. Podía entrar noutro tipo de cuestións en relación coas causas do accidente, pero enfocar o mesmo desde a vertente humana, é o que fai que España sexa un gran país, coas súas peculiaridades e diferenzas culturais e históricas entre territorios, pero o máis importante é a unión e solidariedade que como pobo temos entre todos os españois, que por motivos de sangue e tamén porque compartimos lazos culturais, fai que saia o mellor de nós mesmos como sociedade, e que para nada se reflicte no Congreso dos Deputados. 
 
A sociedade española é a que se envorcou co volcán da Palma, o accidente de Angrois, a Dana de Valencia, os incendios forestais do pasado ano e agora co accidente de tren de Adamuz. É esa a sociedade real, a España real, á que os políticos lle dan as costas, e que queren polarizar e dividir por interese partidista. Non é o momento nin dos datos, nin das estatísticas, nin dos investimentos, nin dos estudos, nin dos informes, aínda que algún destes últimos, por certo, está no Senado. 
 
A primeira presenza no lugar do accidente, de mozos adolescentes, que se prestaron a dar a súa primeira axuda aos accidentados, son un vivo exemplo do que como sociedade, e país debemos sentirnos orgullosos, e que os máximos responsables públicos deberían estár na obrigación ética e moral de transmitirnos a todos e estes dar exemplo. 
 
As dúas farmacias de Adamuz (Córdoba) envorcáronse prestando a súa axuda aos accidentados, e así podiamos seguir dando exemplos de cidadáns do citado pobo, que posiblemente e por causa do tren sinistrado, sería un núcleo máis de poboación desa España baleirada e descoñecida, pero á vez tan solidaria que de forma instintiva e natural deixa aflorar o mellor do ser humano. 
 
Rexeitar a miserable politización por parte dalgúns desta traxedia, que non vale nin a pena mencionar, así como un abuso na subida dos billetes naqueles transportes que substituirán temporalmente ao tren Iryo que cubría o traxecto Málaga - Madrid, durante estes días. 
 
Termino cun recordo moi especial e cariñoso para todas e cada unha das vítimas, familiares e amigos, para Pablo, o novo maquinista, e para a pequena Cristina de 6 anos, que perdeu a toda a súa familia, pero que terán todo o agarimo do pobo español.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE