Falemos de corrupción

Manoel Barbeitos
Economista

Nalgúns dos meus anteriores artigos sinalei que me causaba bochorno ver e escoitar aos líderes do Partido Popular (#PP) acusar de corrupción ao goberno de quenda (#PSOE/Sumar) e ao seu presidente (Pedro Sánchez). Bochorno porque o Partido Popular (#PP) cuns 30 expedientes por corrupción en curso (e moitos mais en espera) aparece como un dos partidos máis corruptos da Unión Europea. Unha situación que, se non chega a ser polo paraugas de non poucos maxistrados tamén corruptos, seguramente levaría a que este partido estivese nesta hora disolto e moitos dos seus dirixentes encarcerados como pasou en Italia, nos anos 90, cando se destapou un enorme escándalo de corrupción, coñecido polo nome de Tangentópolis, que levou por diante á clase política italiana dirixente da época. 


A comparación vén a conto pois digamos que na actualidade están abertos casos como a Gürtel, Lezo, Punica, Baldía e Kitchen que pon en evidencia como a corrupción no Partido Popular (#PP) é algo consentido e programado, pois o número de dirixentes imputados que se teñen que sentar no banco dos acusados (e os que virán si a xustiza segue o seu curso agora que se renovou o Consello Xeral do Poder Xudicial) dá a fe de que non estamos diante de casos illados, senón dun colectivo organizado. Unha realidade que pon en evidencia o feito de que o propio Partido Popular (#PP) como organización está imputado por corrupción como así o confirman casos como a Gurgel ou a Kitchen onde están citados a declarar dirixentes deste partido tan relevantes como Mariano Rajoy (exPresidente do Partido Popular e expresidente do Goberno cesado por unha moción de censura), Dores de Cospedal (exsecretaria Xeneral do Partido Popular e exministra de Defensa), Dores Saenz de Santamaría (excicepresidenta do Goberno e responsable do CNI), Javier Arenas (exvicepresidente segundo do Goberno e exPresidente do Partido Popular de Andalucía) e Juan Ignacio Zoido (exministro de Interior e expresidente do Partido Popular de Andalucía). Dirixentes aos que podería sumar, por caso, a Rodrigo Rato (exministro de Economía: “o mellor ministro de economía da historia de España” segundo José María Aznar) ao que a Fiscalía pide 63 anos de cadea e unha multa de 43 millóns por corrupción por suposto orixe ilícita da súa fortuna. O relato de dirixentes políticos do Partido Popular (#PP) imputados sería interminable. Velaí as evidencias e as razóns que me levan a falar de bochorno cando dirixentes deste partido acusan de corrupción a dirixentes políticos doutros partidos democráticos. 


A corrupción en España vén sendo unha práctica política que está a danar gravemente a súa imaxe como estado democrático e de dereito. Así, se atendemos ao Índice de Corrupción elaborado pola prestixiosa Transparency International, España ocupa o posto 36 entre 180 países estudados, o que a sitúa no furgón de cola a nivel da Unión Europea a pesar das melloras experimentadas nos anos 2022 e 2023. Melloras que non son suficientes para descartar as “dificultades nas que aínda se atopan as políticas públicas en España para mellorar a prevención e a loita contra a corrupción. Sen dúbidas, pódese afirmar que a corrupción continúa sendo un problema grave que debe pór en alerta a cidadanía e aos poder públicos” (Índice de Percepción da Corrupción 2023. Transparency Internactional Spain).


Estas prácticas corruptas fan que se trasladen do público ao privado causando un enorme dano a convivencia pacífica e democrática. Un enorme dano ao público que non é concibido como un servizo senón como un negocio para particulares e que funciona en base ao amiguismo, o clientelismo e o tráfico de favores. Unha corrupción que, indiscutiblemente, vai moi unida á aplicación de políticas neoliberais que priman o privado sobre o público. Algo que, por caso, podemos comprobar en Galicia coa progresiva entrega pola Xunta de Galicia (PPdeG) ao capital privado, maiormente a amigos, de crecentes parcelas das funcións públicas de benestar como sanidade, ensino, maiores, infancia...etc. Unha entrega que maiormente beneficia a esa oligarquía económica e financeira que sostivo a España durante o franquismo, que actualmente segue dominando os poderes executivos, lexislativos e xudiciais e que ten un poder enorme para actuar con total impunidade e arbitrariedade.  


Unha entrega do público ao capital privado que tamén supón unha enorme deterioración do estado de benestar así como un elevado custo as finanzas públicas

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE