A cabeza do primeiro grupo mediático de España está citado a declarar como investigado na trama que estuda o financiamento ilegal das campañas electorais do PP en Madrid.
Así llo confirmou o presidente Alberto Núñez Feijóo a Galiciapress, a pesar da imputación da empresa Indra como persoa xurídica dentro da trama Púnica, onde o último auto da Audiencia Nacional imputou tamén ás expresidentas da Comunidad de Madrid, as populares Esperanza Aguirre e Cristina Cifuentes. Aínda con estas sospeitas, a Xunta de Galicia non valora a posibilidade de paralizar, aínda que sexa de forma cautelar, as colaboracións e contratos millonarios que existen a día de hoxe coa multinacional tecnolóxica.
Indra, unha das maiores consultoras tecnolóxicas do Estado e responsable da web de moitas eleccións pagou parte da campaña do PP en 2011, segundo a petición do fiscal que acaba de aceptar o xuíz.
A política popular, electa por Murcia, está investigada por cinco delitos no caso de corrupción.
Un informe do sumario da trama Púnica relaciona subvencións concedidas a Fundescam con gastos electorais das xerais de 2008.
O xuíz modifica a prisión incondicional por eludible con fianza á vista dos últimos rexistros e a diminución do risco de fuga.
O xuíz instrutor do 'caso Púnica', Eloy Velasco, descarta polo momento ter como investigada na instrución deste caso á actual presidenta da Comunidad de Madrid.