Aguirre e Cifuentes imputadas polo financiamento ilegal do PP

Indra, unha das maiores consultoras tecnolóxicas do Estado e responsable da web de moitas eleccións pagou parte da campaña do PP en 2011, segundo a petición do fiscal que acaba de aceptar o xuíz.


|

 Indra, unha das maiores consultoras tecnolóxicas do Estado e responsable da web de moitas eleccións pagou parte da campaña do PP en 2011, segundo a petición do fiscal que acaba de aceptar o xuíz.


O xuíz do caso Púnica, Manuel García-Castelló, imputou este luns ás expresidentas da Comunidad de Madrid Esperanza Aguirre e Cristina Cifuentes por presuntos delitos electorais, falsidade de contas, prevaricación e tráfico de influencias dentro da peza polo posible financiamento ilegal do PP de Madrid, segundo puido saber TVE. O maxistrado da Audiencia Nacional cita ás expresidentas a declarar o 1 e 18 de outubro.


Aguirre considera un erro os cualificativos ferintes de Casado sobre Abascal



A Fiscalía Anticorrupción solicitou o pasado mes de agosto ao xuíz do caso Púnica que imputase a Aguirre e Cifuentes na peza número 9 sobre o presunto financiamento ilegal do PP de Madrid, por delitos de corrupción. Nun escrito de 75 páxinas, a fiscais Carmen Cerdá e María Teresa Gálvez solicitaron tamén a imputación da da empresa Indra e da súa expresidente Javier Monzón. A Fiscalía tamén solicitou reordenar a causa e reducila de 16 a 11 pezas no xulgado.


No caso de Aguirre, Anticorrupción sospeita que puido ordenar ou consentir o financiamento irregular do partido con diñeiro de empresas que resultaban adxudicatarias de contratos públicos como Indra, entre outros mecanismos. Para iso baseábanse no último informe da UCO da Garda Civil que conclúe que Indra financiou con 566.497 euros a campaña electoral de 2011 de Aguirre a través dunha serie de pagos camuflados e sitúaa en reunións onde se puido falar dese tema.


Imaxe de arquivo da expresidenta da Comunidad de Madrid Cristina Cifuentes durante a rolda de prensa na que anunciou a súa dimisión.



No caso de Cifuentes, sospéitase do seu papel no financiamento irregular porque participou en mesas de contratación supostamente amañadas e pola súa calidade de patroa da Fundación para o Desenvolvemento Económico e Social da Comunidad de Madrid (Fundescam), a través da que se sospeita que se desviou diñeiro.





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE