A democracia española e o lobby xudicial

Manoel Barbeitos
Economista

A formación dun goberno de progreso logo da moción de censura triunfante de Pedro Sánchez está a servir para pór en evidencia como, a pesar dos anos transcorridos, unha das grandes materias pendentes da democracia española segue sendo a do poder xudicial. Algo que estamos a comprobar nestes anos cando un número significativo de maxistrados actúan como estiletes da oposición política ao goberno de quenda e tamén como perseguidores dos dirixentes políticos das esquerdas. Unhas actuacións que non só superan as competencias destes maxistrados, senón que mesmo chegan a cuestionar os principios democráticos que garante a propio Constitución española como, por caso, os Art. 1.2 (“A soberanía nacional reside no pobo español, do que emanan os poderes do Estado”), Art. 66.1. (“As Cortes Xerais representan ao pobo español e están formadas polo Congreso dos Deputados e o Senado”), Art. 87.1. (“A iniciativa lexislativa corresponde ao Goberno, ao Congreso e ao Senado, de acordo coa Constitución e os Regulamentos das Cámaras”) e Art. 99.3. (“Se o Congreso dos Deputados polo voto da maioría absoluta dos seus membros outorgase a súa confianza a devandito candidato, o rei nomearao presidente”) . Un cuestionamiento que parecía indicar que este lobby xudicial está empeñado en que España non sexa un estado democrático.


Temos así o caso do CGPJ (Consello Xeral do Poder Xudicial) onde un grupo de maxistrados están atrincheirados impedindo a renovación que, por mandato constitucional (Art. 122.3) debese haber producido hai anos. Un comportamento que avaliado pola oposición (#PP/VOX) ten un obxectivo político moi claro: impedir unha renovación de cargos xudiciais que poida dar lugar a que os numerosos expedientes por corrupción de dirixentes e directivos do Partido Popular (#PP), que están parados en distintas instancias xudiciais, sigan o seu curso normal, o que seguramente provocaría que moitos daqueles teñan que desfilar polos tribunais para, a continuación, ingresar na cadea. Un Consello do Poder Xudicial cuxo partidismo lle leva a tomar decisións insólitas como, por caso, sucedeu coa amnistía cando asistimos ao inaudito espectáculo de ver como este organismo (CXPJ) aprobaba unha “declaración institucional” en contra (“o mais parecido a un motín”, segundo o emérito maxistrado Martin Pallín) cando esta aínda non fora aprobada polo Parlamento español e sendo, ademais, un asunto que queda fera da súa competencia.


Que dicir por caso da auténtica persecución político-xudicial que tanto por parte do Tribunal Supremo como de maxistrados moi famosos están a sufrir políticos de esquerdas e soberanistas? Unhas persecucións que, na maioría dos casos, finalizan en auténticos fiscos xurídicos, que non políticos, pero que non fan máis que danar a imaxe do poder xudicial tanto a nivel nacional como internacional. Recentemente tivemos constancia do que sinalamos cando o Departamento Federal de Xustiza e Policía de Suíza rexeitaba, por terceira vez, a petición do maxistrado Manuel Garcia-Castelló de colaboración na acusación de terrorismo a dirixentes cataláns polo caso Tsunami Democrátic. Resbalones xudiciais que se repiten con moita frecuencia, aí están os casos de Pablo Iglesias, Irene Montero, Ada Colau, Mónica Oltra, Vitoria Rosell.,,, que foron vítimas dunha longa persecución xudicial que logo finalizaría en nada por falta de probas pero conseguindo os maxistrados a súa defenestración política. Nestes días estamos a asistir a outro destes episodios con motivo da amnistía. Así, os fiscais do “procés” rexeitan obedecer a orde do Fiscal Xeral de apoiar a medida de graza para todos os delitos, incluída a malversación, na que, por parte destes maxistrados, é unha interpretación interesada da resolución aprobada polo Parlamento español. Unha acción que ten un dobre obxectivo político claro: cargar ao señor García Ortiz (para o que contan co apoio da presidenta da Comunidade de Madrid, señora Ayuso, que tenta así tapar o escándalo de corrupción da súa parella) e manter vivo o “conflito catalán” porque lle dá réditos políticos ás dereitas.


A repetición destes feitos pon en evidencia como no poder xudicial hai un lobby que actúa como un ariete contra o lexítimo goberno español de quenda (#PSOE/Sumar) buscando debilitalo e derrubalo para así facilitar o acceso ao mesmo das dereitas extremas (#PP, Vox). Unha estratexia político-xudicial que non repara na legalidade ou ilegalidade das súas actuacións, pero que fai moito, moito dano á democracia ao erosionar a credibilidade e o prestixio dun dos seus alicerces básicos: o poder xudicial. Non por casualidade España é un dos estados europeos no que os seus cidadáns menos confían na xustiza: sexto da UE e terceiro da Eurozona.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE