A Xustiza investiga se a morte nas obras de Rande foi "un accidente ou unha caída provocada"

O presidente de Itínere, grupo ao que pertence a concesionaria da autoestrada, apuntou á segunda posibilidade preguntado polos accidentes laborais.


|

Rande operario obrasAs obras apúranse para poder subir as peaxes canto antes.

O xulgado número 3 de Cangas é o encargado de investigar a morte dun traballador nas obras de ampliación da ponte de Rande na AP-9, respecto da que xa practicou distintas dilixencias e espera agora un informe da Fiscalía.


Esta semana, tras un almorzo informativo no que Itinere --grupo ao que pertence Audasa-- era patrocinador, o presidente desa entidade, Pedro Pérez, desvelou que se estaba investigando, segundo dixo, se o falecemento nas obras do pasado mes de xullo dun operario fora "un accidente ou unha caída provocada".


O traballador, N.G.C., de 54 anos de idade e natural de Canarias, precipitouse varios metros cando colocaba un valo para evitar caídas. A súa morte, segundo confirmaron a Europa Press fontes xudiciais, investígaa o xulgado número 3 de Cangas.


As palabras do presidente de Itinere pronunciáronse despois de que a semana anterior se incendiase un dos novos tirantes da obra de ampliación de Rande e ao día seguinte de que outro traballador sufrise, neste caso de carácter leve, un accidente laboral mentres operaba nesta infraestrutura.


A obra ten prazo de entrega a finais deste ano. De feito, esta circunstancia, condiciona a aplicación da subida das peaxes en 2018 (salvo o incremento do IPC), unha cuestión que foi motivo de debate público nas últimas semanas despois de que transcendese que en total subiría case un 4%.


CONDICIÓNS DE TRABALLO


Dáse a circunstancia de que a ponte de Rande pasa por tres municipios de distinto partido xudicial e, neste caso, o accidente mortal produciuse en Cangas, polo que a investigación recaeu no número 3 deste concello.


Segundo confirmaron fontes xudiciais a Europa Press, o xulgado practicou distintas dilixencias e xa recibiu o informe da Inspección de Traballo. Agora espera a que Fiscalía informe sobre as dilixencias practicadas.


Precisamente, o sindicato CIG denunciou en xullo o caso ante a Fiscalía pero, segundo explicou a Europa Press o secretario nacional de CIG-Construción, Xoan Xosé Melón, polo momento non obtiveron ningunha resposta.


A CIG xa denunciou no seu día as condicións nas que están os traballadores, impostas pola obrigación de acabar a obra en prazos moi axustados para poder subir as peaxes canto antes. O sindicato advirte de que é a "reforma laboral" a que permite que se encadeen contratos ou que se traballen festivos incluídos, como ocorreu, dixo o secretario de Construción deste sindicado, na ponte da Constitución.


relacionada ​Rescatan un operario ferido a gran altura nas obras de Rande
relacionada ​Un incendio nas obras de Rande rompe un dos tirantes que suxeita os novos carrís
relacionada A CIG reclama a "inmediata paralización das obras" de Rande

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE