​Rescatan un operario ferido a gran altura nas obras de Rande

Os bombeiros tiveron que axudarse de cordas para baixar o traballador desde gran altura por unhas escaleiras interiores.


|

Rande operario obrasSegundo incidente en menos dunha semana.


Os servizos sanitarios de urxencia evacuaron na noite do domingo un operario que resultou ferido mentres realizaba o seu traballo na ponte de Rande.


Segundo informou o 112 Galicia, o home feriuse nun pé e a súa evacuación complicouse ao atoparse nunha zona a gran altura, polo que foi necesaria a intervención de bombeiros para rescatar o traballador ferido.


Sobre as once da noite, unha hora despois da chamada, os Bombeiros do Morrazo comunicaron ao 112 que, xunto cos compañeiros de Vigo, baixaban o ferido por unhas escaleiras interiores. Aínda así, tiñan que facer uso dunhas cordas para o rescate.


Unha vez finalizado o rescate, o traballador ferido, D.F.V., de 40 anos de idade, foi trasladado nun ambulancia a un centro hospitalario, confirmaron fontes sanitarias.


LESIÓNS LEVES


En relación co traballador ferido este domingo, o presidente de Itinere --grupo ao que pertence Audasa, titular da AP-9--, Pedro Pérez, explicou, nun acto, que sufriu unha torcedura de nocello que "o levou a inclinarse sobre o outro lado do corpo", facendo que se dese "un golpe no lateral de ferro que había ao seu lado". Cualificou as lesións de "leves".


Como se atopaba nun alicerce da ponte, onde non hai ascensor, o suceso requiriu "activar o protocolo" para que os bombeiros o baixasen, explicou.


A iso engadiu, sobre o incendio rexistrado a semana pasada, que se produciu pola faísca dun soldador, que provocou que prendese un revestimento dun dos tirantes --feito con cera para evitar o dano pola climatoloxía--.


Esta situación provocou un "atraso" na proba de carga, xa que agora estase cambiando este tirante afectado, pero garantiu que a obra de ampliación estará lista para que Fomento poida abrir os novos carrís en xaneiro de 2018.


OUTRAS INCIDENCIAS


Nas obras de ampliación da ponte de Rande faleceu o pasado mes de xullo un traballador de 54 anos de idade tras precipitarse desde unha altura de varios metros cando colocaba un valo para evitar caídas.


Ademais, a semana pasada un dos tirantes que suxeitan un dos novos carrís en construción na ponte de Rande rompeu e outro quedou afectado ao producirse un conato de incendio mentres os operarios traballaban na estrutura.


relacionada ​Un incendio nas obras de Rande rompe un dos tirantes que suxeita os novos carrís
relacionada A CIG reclama a "inmediata paralización das obras" de Rande

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE