André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xuño de 1974, militante comunista e sindicalista. Membro da Sección Sindical da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña.
VOX é un partido neoliberal e fascista, un partido franquista e profundamente anti obreiro. Pero para enfrontarse a este reto é necesario un espazo de esquerdas ocupado por organizacións que defendan posicións claramente de esquerdas
Xa non se pode falar de dereita corrupta, agora é ultradereita fascista corrupta. Vendo o nivel político e o nivel dos actuais políticos, penso que non estamos dirixidos por estadistas, máis ben posiblemente é a xeración dos torpes. Non teñen visión global e moito menos altura de miras. Con este panorama podemos esperar calquera cousa.
E entre os oligarcas, os grandes empresarios, os poderes facticos que moven os fíos e financian á ultradereita, as cabezas tampouco están moi ben amobladas e representan ao pensamento fascista máis rancio e ao neoliberalismo máis inhumano.
Sería moi interesante que os medios de comunicación atrevésense a desvelar os nomes dos grandes empresarios que financian á ultradereita, pero non o farán, uns porque a eles tamén os financian e outros por medo.
Os mesmos que branquearon ao fascismo no Estado español, que lles han normalizando, que lles deron publicidade, non lla van a xogar para dicir quen alimenta ao monstro con moito diñeiro.
O problema é que a esquerda tamén está a descoidar un dos seus flancos, porque á esquerda, do "centro" político que representa o PSOE, e da socialdemocracia que representa UP, non hai nada, porque o desmantelaron. E nestes momentos de polarización extrema é máis necesaria que nunca para frear ao fascismo.
Porque unha parte importante do voto de VOX é un voto anti sistema, un voto de frustración e desencanto coas institucións, un voto de castigo aos partidos actuais e tradicionais que ven en VOX algo que se enfronta a un sistema que ven como o problema.
VOX non é para nada un partido anti sistema, porque os seus fíos móvenos as oligarquías que controlan o sistema, VOX non é un partido que se enfronta ás institucións, porque os apoian unha parte dos poderes facticos que controlan as institucións, VOX non é para nada un partido contra os poderes económicos, porque algúns dos empresarios máis poderosos do Estado fináncianos. Pero o que venden á sociedade é outra cousa e agora o produto cómprase por que o desencanto e o medo calaron profundamente na clase traballadora.
VOX é un partido neoliberal e fascista, un partido franquista e profundamente anti obreiro. Pero para enfrontarse a este reto é necesario un espazo de esquerdas ocupado por organizacións que defendan posicións claramente de esquerdas e sempre á esquerda da socialdemocracia.
Escribe o teu comentario