No lado contrario, o máis prexudicado resulta ser o PP, porque “o orixinal é sempre mellor que a copia”.A afirmación anterior vén á conta de que todo indica que a liorta terá lugar no terreo da extrema dereita (Vox) dado que a dereita liberal conservadora (PP) tenta apropiar tanto de moitos dos seus postulados -mesmo os racistas e xenófobos- como dos seus modos e formas de facer política de oposición. Empezando por estes últimos é fácil ver como desde hai algún tempo o Partido Popular tomou a decisión de incorporar ao debate político as formas máis groseiras da linguaxe política e así podemos ver coma se, por parte de Vox, o señor (Santiago) Abascal amplía o seu repertorio de insultos ao señor (Pedro) Sánchez -"eu creo que á fronte do poder en España hai un psicópata que non ten ningún limite moral"-, no PP non queren quedar atrás e por boca de (Miguel) Tellado acusan a (Pedro) Sánchez "de ser un presidente á fuga que non está á altura do posto que ocupa".
Finalmente, non se debe perder de vista o impacto que nesta última crise interna do Partido Popular ten a evidencia de que o goberno español de quenda (PSOE, UP), mal que ben, vai gobernando e tirando para adiante.
O PP áchase inmerso nun conflito marcado polas acusacións mutuas de Casado e Ayuso: o presidente dos populares acusa a Isabel Díaz Ayuso, presidenta da Comunidad de Madrid, de favorecer á empresa na que “traballa” o seu irmán coa compra dunhas máscaras.
O que era un conflito interno de portas cara adentro xa non o é. Estala a guerra civil no PP e parece que só un pode sobrevivir un dirixente tras a magnitude das filtracións e das acusacións das últimas horas.
A crise de Goberno case permanente que vive a coalición PSOE-Unidas Podemos vénlle de perlas a o PP
Será o Congreso de Madrid un prolegómeno dunha ofensiva de Ayuso por liderar o PP de España e a Casado? Esta é a cuestión de fondo que pende sobre o conclave madrileño, que se está avinagrando a pesar da gran vitoria electoral de hai uns meses.