Casado está morto politicamente tras ceder no caso Ayuso

Carmen P. Flores

A presidenta da Comunidad de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, e o líder do PP, Pablo Casado.

Isabel Díaz Ayuso con Pablo Casado @ep


O PP áchase inmerso nun conflito marcado polas acusacións mutuas de Casado e Ayuso: o presidente dos populares acusa a Isabel Díaz Ayuso, presidenta da Comunidad de Madrid, de favorecer á empresa na que “traballa” o seu irmán coa compra dunhas máscaras. Mentres que a afectada facía o propio acusando á dirección do seu partido de espiala a ela e ao seu irmán, un amigo e coñecido. A tensión chegou ao límite de declarar publicamente o secretario xeral, García Egea de abrirlle un expediente “disciplinario”. Mentres que Casado nunhas declaracións dicía - entre outras cousas- que “non era moi exemplar que o irmán de Ayuso cobrase por un contrato adxudicado polo Goberno da súa irmá, e que isto daba que pensar que se podía producir un tráfico de influencias. Afirmábao moi convencido.


Poucos minutos antes de Egea comparecía Ayuso lendo textualmente o que lle escribía alguén - Miguel Angel Rodríguez, o seu xefe de gabinete? – para desmentir as acusacións e botar máis leña ao lume, que era o que estaba a esperar tras meses de reclamarlle Xénova os papais do seu irmán. Esta fíxose a” longuis” e gañou un tempo precioso para ir preparando o asalto a Garcia Egea e ao mismísimo Casado, a súa amigo da alma que a levaba á presidencia madrileña. En política non hai amigos, - só intereses?-.


Como a situación provocou un cisma interno nos populares, estes días viñéronse realizando chamadas telefónicas, reunións e máis contubernios para tentar poñer paz e non dar máis ás aos seus competidores de Vox. Ao final, este sábado reuníronse en Xénova os dous protagonistas para asinar a paz e anular o expediente, porque ao parecer Ayuso achegara a documentación. Mentres, Garcia Egea amagó con dimitir, unha solución que deixa a Casado nunha delicada situación. Ayuso está apoiada por José María Aznar, a transparente Esperanza Aguirre e o estratego e manipulador maior de toda está operación, Miguel Angel Rodriguez, un personaxe que nunca pasou desapercibido - nin sequera cando foi detido por cuatriplicar a taxa de alcol permitida- pola súa capacidade de xerar polémica e inimigos ao mesmo tempo. Desde que empezou a traballar con Ayuso foina adoutrinando para facerse co poder no PP. Só hai que repasar a hemeroteca e ver a crecente confrontación desta coa dirección do seu partido. Dicía Churchill que “un apaciguador é alguén que alimenta ao crocodilo, esperando que se coma a outro antes que a el”.


Casado equivocouse ao botarse atrás na súa primeira decisión, o que significa que perdeu a autoridade de líder, ademais de servirlle en bandexa - que o fará- a cabeza de Garcia Egea, o home que lle fixo o traballo sucio. Cando un dirixente toma unha decisión como a súa de cuestionar publicamente a ética de Ayuso, suceda o que suceda debe seguir cara a adiante, non retroceder, porque é signo de debilidade e carencia de liderado. É moi gráfica a afirmación de Churchill cando dicía que “as cometas elévanse máis altas contra o vento, non a favor de el”. Iso tería que facer Casado.


Se Casado quería dar a imaxe de que a corrupción non ía formar parte da nova etapa do Partido Popular que el preside, a verdade é que ese obxectivo caeu por si só. Os contratos do irmán de Ayuso serán legais, que o dubido, pero o que non son é éticos e moito menos ejemplarizantes. O mesmo que fixo no seu día ela, non hai tanto tempo, en 2020, cando foi acusada de privilexios por vivir en dous apartahotel de luxo do empresario Sarasola. Cando foi descuberta asegurou, despois de declaracións contraditorias entre Sarasola e ela, que pagaba por estes dous apartamentos máis unha praza de parquing, 89 euros ao día, o que espertou máis dunha gargallada. Tras ser descuberta, aos poucos días marchouse dos mesmos. Así que a señora Ayuso mente máis que fala. Esperemos que a xustiza, que non o seu partido, chegue ata o final do Caso Tomás Axudo, irmán da presidenta da comunidade madrileña


Sempre foi e seguirá sendo para desprestixio da política o nepotismo, como algo normal, cotián e que forma parte da cultura dos que exercen o oficio de servidor público, algo que deberían facer reflexionar. Porque como dicía Cicerón: “Servirse dun cargo público para enriquecemento persoal resulta non xa inmoral, senón criminal e abominable”


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE