André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xuño de 1974, militante comunista e sindicalista. Membro da Sección Sindical da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña.
Na "nova" reforma laboral hai avances, pero unha derrogación da reforma non é, como tampouco é o que nos venderon que sería.
Vendo os argumentarios para vender a nova reforma laboral feitos polos equipos de propaganda dos partidos de "esquerda" estatais, éntranme ganas de rir por non chorar. Parecen un insulto á intelixencia.
A patronal está a aplaudir coas orellas e iso debería mosquearnos. Na "nova" reforma laboral hai avances, pero unha derrogación da reforma non é, como tampouco é o que nos venderon que sería.
E pódese vender cun lacito azul pero segue sendo o que é, unha modificación sobre a reforma imposta pola patronal no seu momento, que xa veremos ata que punto concreta os avances, para iso haberá que ler o texto completo e ver como se pon en práctica, pero o que sabemos ata o de agora é claramente insuficiente.
Do que se dixo que se ía a facer, ao que se fixo hai unha gran diferenza, e non en temas sen importancia. Máis ben a columna vertebral da reforma queda sen tocar. Parece máis unha vitoria dos s sectores máis conservadores do PSOE en relación a como debería ser "modificada" a reforma laboral para contar co apoio da patronal.
O pacto social sempre desgraciadamente segue baseándose na política do "mal menor" para as traballadoras e traballadores.
Escribe o teu comentario