Na "nova" reforma laboral hai avances, pero unha derrogación da reforma non é, como tampouco é o que nos venderon que sería. E pódese vender cun lacito azul pero segue sendo o que é, unha modificación sobre a reforma imposta pola patronal no seu momento, que xa veremos ata que punto concreta os avances, para iso haberá que ler o texto completo e ver como se pon en práctica, pero o que sabemos ata o de agora é claramente insuficiente. Do que se dixo que se ía a facer, ao que se fixo hai unha gran diferenza, e non en temas sen importancia.