Así, e aínda que o centro conte “con todas as certificacións de calidade do mundo, debidamente enmarcadas, colgadas nas recepcións dos centros para que as vexan os familiares e visitantes”, a realidade é que os centros viven asfixiados por unha carga de traballo inasumible para un persoal escaso que ten que atender a decenas de residentes segundo unhas pautas horarias que non sempre se poden cumprir.
Traballadores e familiares dos residentes concentráronse este mércores en Vigo para protestar ante a delegación da Xunta na cidade olívica.
Esgotada a vía para a venda da planta de Cervo a Liberty House ou á Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), o futuro dos máis de medio milleiro de postos de emprego na planta de San Cibrao seguen en mans de Alcoa, que volve falar de despedimento colectivo e pon como data leste mesmo martes para aplicalo.
Cales son os síntomas para sospeitar da COVID-19? Febre, Tose, Dor muscular, Náuseas, Vómitos e Diarrea (“FiToDoNaVo”), e por esa orde, importante isto para descartar outras patoloxías.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) critica nun comunicado ao Goberno de Galicia pola súa xestión no referido aos datos oficiais sobre a incidencia da Covid-19 na comunidade.
O deputado Juan Carlos Francisco, un dos impulsores das medidas parlamentarias contra as “comisións abusivas impostas por Abanca”, atende a Galiciapress para debullar un problema que afecta por centos de miles de persoas.
Cando un fenómeno de carácter destrutivo como este de os incendios forestais consegue tales dimensións (40.000 hectáreas de media anual, o 25% da superficie total queimada en España) e presenta tal regularidade (todos os anos) ben se pode dicir que estamos diante dun gran problema social e sistémico tanto porque afecta a toda a sociedade galega como porque está relacionado indiscutiblemente coa súa historia máis recente.