Vilagarcía de Arousa e A Laracha entran no nivel de alerta vermello, do que saen Narón e Pereiro de Aguiar

Narón e Pereiro de Aguiar saen do nivel vermello, no que se manteñen as cidades de Ourense e Santiago

|

O municipio ferrolán de Narón e o ourensán de Pereiro de Aguiar saen do nivel de alerta 3 da Xunta, no que entran Vilagarcía e A Laracha.


Ourense e Santiago de Compostela son as grandes urbes que se manteñen no máximo nivel de alerta pola súa situación epidémica.


Mapa de alertas por municipios en función de novos casos confirmados por PCR en 7 días


A lista de municipios galegos en nivel máximo de alerta, o 3, pola pandemia do coronavirus mantense este sábado en 11, tras a incorporación da Laracha (A Coruña) e Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) e a saída de Narón (A Coruña) e Pereiro de Aguiar (Ourense), que melloraron a incidencia da Covid-19 no últimos sete días.

Esta inclusión débese a que tanto A Laracha --que precisamente saíra este venres da alerta vermella-- como Vilagarcía detectaron na última semana máis de 21 casos casos positivos por PCR.

Deste xeito, estes dous engádense á lista de 11 municipios en nivel 3 pola incidencia do coronavirus, na que tamén figuran as cidades de Ourense e Santiago de Compostela, que rexistran máis de 120 e 112 contagios, respectivamente, en sete días.

As outras localidades con nivel máximo de alerta pola pandemia por presentar máis de 21 casos confirmados na última semana son Ordes, Arteixo, Ames, O Barco de Valdeorras, Verín, Barbadás e O Carballiño.

Mapa de alertas por municipios en función de novos casos confirmados por PCR en 14 días


Mentres, en situación 2 --en cor laranxa do 'semáforo' do mapa de Sanidade-- sitúanse 14 municipios, dos cales 11 repiten no mesmo nivel de alerta con respecto á xornada anterior: Vigo, A Coruña, Pontevedra, Lugo, Ferrol, Culleredo, Teo, Poio, Cangas, Tomiño e Carballo.

Ademais, súmase ao nivel 2 o municipio pontevedrés de Nigrán, por empeorar os seus datos, e Pereiro de Aguiar (Ourense) e Narón (A Coruña), neste caso por baixar do nivel 3. Pola súa banda, Lobeira, Boborás, Porto do Son e Oleiros descenderon ao nivel 1 e están en cor amarela.

En nivel vermello inclúense os municipios de menos de 50.000 habitantes con 21 ou máis casos novos á semana, mentres que no caso dos concellos de máis de 50.000 habitantes establécese como corte a detección dunha taxa de 112 ou máis casos á semana por cada 100.000 habitantes. No nivel de cor laranxa inclúense municipios de máis de 50.000 habitantes con 56 e 111 casos novos de covid á semana por 100.000 habitantes e nos de menor poboación que presenten entre 14 e 20 casos.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE