Feijóo afirma que Galicia cumprirá coa orde de sanidade, pero que os criterios están feitos á medida de Madrid

Feijóo asegura que a Xunta se guiará polos seus propios criterios, que son "máis completos" que os aprobados polo Goberno

|


A pesar de ir contra a orde do Ministerio de Sanidade no momento da súa votación no consello interterritorial, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, informou que o seu goberno cumprirá coas normas establecidas no BOE.


Con todo, considera que os criterios estbalecidos (taxa de incidencia superior aos 500 casos por 100.000 habitantes, unha taxa de positividade do 10% e unha ocupación das UCI superior ao 35%) son "improvisados" e que están "incompletos". 


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa do Consello de la Xunta do 1 de outubro


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que Galicia "acata" a orde do Ministerio de Sanidade contra a que votou o pasado mércores no consello interterritorial pois considera que os criterios que marca para pechar unha localidade son "improvisados", "incompletos" e foron "deseñados" para unha comunidade concreta, en referencia a Madrid, debido á "tensión bilateral" que manteñen os gobernos central e autonómico.

Así se expresou o mandatario galego a preguntas dos medios este xoves na rolda de prensa posterior ao Consello de la Xunta, onde avanzou que Galicia guiarase polos criterios do seu propio comité clínico, que cre "máis completos" que unha orde que espera non ter que aplicar dado que "ningunha" cidade da comunidade "nin de menos nin de máis" de 100.000 habitantes achégase aos tres parámetros que marca Sanidade para elevar as restricións.

"Galicia sempre acatou todas as normas de obrigado cumprimento. Pódese estar ou non de acordo, pero sempre as acatará mentres esa norma estea en vigor", sinalou Núñez Feijóo, moi crítico cunha orde que cre froito da "tensión bilateral" que manteñen Goberno e Madrid, e que establece criterios que cualificou de "incompletos", "pouco traballados", "improvisados" e, mesmo, "brutáns", pois, segundo o presidente, "non miden de forma específica e concreta o problema".

Para Feijóo, que censurou que o docuemnto "circulase" desde 24 horas de levalo ao comité interterritorial, o "consentimento formal" que ten que asinar un paciente para somterse a unha intervención "de juanetes" ou de "cataratas" no Servizo Galego de Saúde é "máis complexo" desde "o punto de vista sanitario" que os criterios que marca a nova directriz do Ministerio de Sanidade para pechar unha localidade pola incidencia da pandemia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE