A Xunta borra a Brasil, con case 5 millóns de afectados por COVID-19, da lista de viaxeiros, e inclúe a Cantabria e Estremadura

Brasil, Colombia, Panamá e Perú abandonaron a lista de territorios de obrigado rexistro para as persoas que visiten Galicia, unha relación á que se incorporan as comunidades de Estremadura e Cantabria e os países República Checa, Venezuela, Porto Rico e República Dominicana, entre outros.

|

Brasil é o terceiro país do mundo en número de afectados e a segunda no número de mortos, con cifras próximas aos 150.000 decesos. Con todo, a Xunta decidiu sacar aos viaxeiros procedentes do país suramericano da lista de territorios de obrigado rexistro. 


Xunto co país brasileiro, os visitantes orixinarios de Perú e Colombia (ambos roldan o millón de persoas afectadas) tampouco terán rexistrarse, do mesmo xeito que os procedentes de Panamá. Si o farán a partir de agora, os chegados de Extramadura e Cantabria, ademais dos visitantes que veñan desde República Checa, Venezuela, Porto Rico ou República Dominicana.


Cola de facturación no Aeroporto de Santiago. Lavacolla. Turismo. Pasaxeiros en aeroportos.


Brasil, Colombia, Panamá e Perú abandonaron a lista de territorios de obrigado rexistro para as persoas que visiten Galicia, unha relación á que se incorporan as comunidades de Estremadura e Cantabria e os países República Checa, Venezuela, Porto Rico e República Dominicana, entre outros.

O Diario Oficial de Galicia publica este sábado a actualización dos territorios incluídos no rexistro de viaxeiros que cheguen á comunidade e que, se proceden dalgunha das rexións incluídas na listaxe pola alta incidencia da pandemia, deben comunicalo ás autoridades.

Entre as principais novidades figura a saída de países latinoamericanos como Brasil, Colombia, Panamá e Perú, que abandonan unha listaxe no que figuraban case desde a súa posta en marcha a finais do mes de xullo.

Por contra, incorpóranse Venezuela, República Dominicana, Porto Rico, Bonaire, Santo Eustathius e Saba e San Martín entre as rexións de América que os viaxeiros deben comunicar se as visitaron 14 días antes da súa arribada á Comunidade galega.

Así mesmo, continúa vixente para as persoas que procedan de Arxentina, Aruba, Costa Rica, Ecuador, O Salvador, Guatemala, Honduras, Paraguai, Haití, Xamaica, Nicaragua, e San Martín.

Ademais, segue na lista a totalidade de países do continente africano, mentres que en Asia saen Kuwait e Malvidas dunha relación na que permenecen Bahrein, Bangladesh, India, Irán, Iraq, Israel, Kazakstán, Kyrguistán, Omán, Palestina, Filipinas, Afganistán, Bután, Brunei, Cambodia, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Tailandia, Iemen e Vietnam.

En Europa, a entrada de República Checa é a única novidade nunha lista que seguen integrando Acerbaixán, Andorra, Kósovo e Montenegro. En Oceanía non hai novidades, polo que se mantén Guam como a única procedencia que debe ser notificada.

Por último, Cantabria e Estremadura entran a formar parte dunha lista de comunidades autónomas na que se manteñen Aragón, Castela-A Mancha, Castela-León, Estremadura, Madrid, Melilla, Murcia, Navarra, País Vasco e A Rioxa.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE