Os pases para o terceiro día Ou Son Do Camiño esgotáronse en horas hai días. Hoxe a organización do festival de Santiago de Compostela avanza que as entradas para o venres 14 de xuño tamén se esgotaron.
Iván Ferreiro, Eme Dj, Marem Ladson ou Baiuca serán algúns dos artistas galegos no festival que terá lugar do 13 ao 15 de xuño en O Monte do Gozo.
A oposición cuestiona o motivo real da viaxe do presidente a Estados Unidos. Desde a Xunta insisten en que, sobre todo, trátase de captar turistas para o Xacobeo 2021 e facer contactos de negocios.
Nesta entrevista con Galiciapress, a Bugallo non lle treme a voz para cualificar de “impresentable” a falta de compromiso do Goberno de Pedro Sánchez coa depuradora. O ex-alcalde de Santiago e de novo candidato deixa claro que o seu primeiro compromiso é coa cidade e explícanos cómo iso levoulle a saír do seu retiro. Ao PP de Santiago acúsao de ser protagonista de intres escatolóxicos -incluído un convenio para a depuradora oculto no caixón- e a Compostela Aberta de pasotismo. O Xacobeo, os pisos turísticos, a seguridade, o modelo de zona vella e as relacións con Gonzalo Caballero son outros temas desta conversa.
Galiciapress entrevista á candidata do BNG á alcaldía de Santiago. Goretti San Martín, tamén vicepresidenta da Deputación da Coruña, acusa a Compostela Aberta de ser incapaz de abordar problemas de fondo como o modelo turístico. Fronte a la improvisación que percibe, enarbora a experiencia e a unidade do Bloque. A crise de En Marea, el festival O Son do Camiño ou as remunicipalizacións son outros dos temas desta conversa.
A Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago (FICS) critica o "silencio" doutros organismos vinculados á ruta xacobea sobre a mina de Touro. Tras visitar "a pé de obra" a zona e falar cos promotores ratifícanse en que "afectaría gravemente a paisaxe e á contorna do Camiño de Santiago".
Primeiras valoracións da crise de Goberno desatada este xoves por Alberto Nuñez Feijóo. O mandatario recibe aplausos dun rival político, Martiño Noriega, por desfacerse as competencias de Turismo e, por tanto, do esperado Xacobeo 2021.
Presentarase Martiño Noriega á reelección á alcaldía de Santiago? Este un dos temas desta entrevista, na que o líder de Compostela Aberta fai balance a nivel local (relacións co PSOE, co BNG, depuradora, “poderes fácticos”, o papel de Compostela Monumental, etc.), comarcal (Mina de Touro) e autonómico. A En Marea pídelle responsabilidade e critica que non soubese pechar o caso Quinteiro.
Esmerarte, a produtora no centro da polémica sobre o novo festival do Xacobeo, dá a cara. Un dos seus directores, Joaquín Martínez Quim rexeita, en declaracións a Galiciapress, as acusacións de enchufismo que lle choveron non só desde a oposición, senón tamén desde compañeiros do sector.
Empresas musicais estudan accións ante as "fundadas sospeitas" dun contrato "preparado" para ter "aparencia de legalidade". Old Navy Port Producións S.L. e Esmerarte Industrias Creativas S.L. son as seleccionadas pola Xunta.
A directora de Turismo de Galicia considera clave a chegada do AVE a Galicia para "captar turistas internacionais".
Como preparación do Xacobeo 2021, a intención é potenciar o turismo internacional de forma que represente "un terzo do total".