Iggy Pop, David Guetta, Black Eyed Peas, Rosalía ou Vetusta Morla no cartel O Son do Camiño 2019 (Vídeo)

Iván Ferreiro, Eme Dj, Marem Ladson ou Baiuca serán algúns dos artistas galegos no festival que terá lugar do 13 ao 15 de xuño en O Monte do Gozo.


|

Iván Ferreiro, Eme Dj, Marem Ladson ou Baiuca serán algúns dos artistas galegos no festival que terá lugar do 13 ao 15 de xuño en O Monte do Gozo.


O Son do Camiño estrea cartel para a súa segunda edición. Tras o éxito de asistencia de 2018, o festival vinculado ao Camiño de Santiago volve apostar por coñecidos nomes da escena internacional, galega e española nos máis diversos estilos.



Iggy pop live pxhere didy photography


Así, tocará unha das maiores lendas do punk-rock da historia, o mítico Iggy Pop, cuxo despregamento de enerxía sempre asombra aos espectadores. O conocidísimo DJ David Guetta e o grupo de música de baile Black Eyed Peas completan a nómina de artistas foráneos máis populares.


A banda Vetusta Morla e Rosalía, unha das estrelas do momento, tamén estarán en Santiago de Compostela. A escena galega estará representada por nomes como Iván Ferreiro, Eme Dj, Marem Ladson ou Baiuca.


O ano pasado a cita congregou a 84.000 persoas e consolídase comou o gran espectáculo para facer promoción do Xacobeo 2021. Os promotores, que contan co apoio de la Xunta de Galicia, din que así se "reforzará o tecido empresarial e cultural e xerará un notable impacto no turismo".


Os abonos sairán á venda este mesmo mes. En concreto, o mércores 27 de febreiro ás 12 horas.A ocupación hostaleira en Santiago está ao 93% desde que se anunciou a data esta nova edición.


CARTEL COMPLETO


O SON DO CAMIÑO 2019

Black Eyed Peas
Iggy Pop
David Guetta
Die Antwoord
Rosalía
Bastille
Bloc Party
Richard Ashcroft
Vetusta Morla
Dimitri Veigas & Like Mike
The Hives
W&W
Iván Ferreiro
Beret
Graveyard
Royal Republic
Ayax e Prok
Bad Gyal
Second
Varry Brava
ELYELLA
Full
Shinova
The Zombie Kids
Hard GZ
Molina Molina
Familia Caamagno
Kitai
Igloo
Mordem
Marem Ladson
Baiuca
Alice Wonder
Eme Dj
Cariño
ORTIGA 






.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE