Os números que arroxa a Oficina do Peregrino neste 2022 son os mellores da historia, superando nun 60% os datos do Ano Santo anterior, celebrado en 2010.
A postura dos conservadores galegos é clave. Impoñer o novo gravame é competencia da Xunta, que teme que prexudique ao Xacobeo, a súa gran aposta económica.
Santiago de Compostela recibiu este ano moitísimos turistas, chegando s ser a ocupación hostaleira de case o 90% en agosto e case do 70% en setembro, por exemplo.
A Mancomunidade do Salnés, en colaboración co Concello de Vilagarcía de Arousa e a Axencia de Viaxes Tee Travel teñen en marcha a iniciativa A Orixe de Todos os Camiños. Os peregrinos toman un barco no Porto Deportivo de Vilagarcía de Arousa para realizar o Roteiro do Mar de Arousa e Río Ulla ata Pontecesures. Embarcando en Vilagarcía de Arousa remóntase o río Ulla, río de pouco calado nalgunha das súas zonas, por iso é polo que os horarios de saída do Barco a Santiago dependan do estado da marea.
Pablo Fermoso de Mendoza González, alcalde de Logroño e presidente da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago (AMCS), atende a Galiciapress para trasladar a situación na que se atopan peregrinos, albergues e municipios vinculados ao roteiro xacobeo.
Galiciapress entrevista ao concelleiro de Turismo de Santiago de Compostela, o socialista Gumersindo Guinarte, nun momento clave para a urbe. A capital atravesa unha situación epidemiolóxica difícil, que mesmo podería provocar hoxe o peche perimetral. Dado que a crise do coronavirus durará meses, pódese planear así o Xacobeo 2021 ou é mellor pensar xa nun Xacobeo 2022?