A quinta onda lastra a chegada de turistas foráneos pero aínda así Santiago rolda o 70% de ocupación

O concelleiro Sindo Guinarte, alcalde en funcións de Santiago, constatou este luns que a pandemia está a dificultar a recuperación do turismo internacional e incidiu en que, cunha quinta onda de especial virulencia, os datos turísticos e de ocupación na capital galega son "aceptables", pero "non óptimos".

|

Aínda queda case un mes de tempada turística, pero o balance que presentará a capital do Xacobeo será positivo, cunhas prazas que, sen as multitudes doutros anos, si están a rebordar de turistas e peregrinos, sobre todo españois.


Gumersindo Guinarte é o responsable de turismo de Compostela

Gumersindo Guinarte é o responsable de turismo de Compostela 


O concelleiro Sindo Guinarte, alcalde en funcións de Santiago, constatou este luns que a pandemia está a dificultar a recuperación do turismo internacional e incidiu en que, cunha quinta onda de especial virulencia, os datos turísticos e de ocupación na capital galega son "aceptables", pero "non óptimos".

 

Segundo concretou e na liña coas cifras ofrecidas polo sector, en xullo a ocupación roldou aproximiadamente un 60% e en agosto a previsión é que se alcance o 70%. Sendo mellores que o ano pasado, precisou que aínda non se axustan aos de "unha tempada normal".

Finalmente, reivindicou que a capital galega "segue sendo un destino seguro" e deu por feito que, se se rexistra unha mellora da situación sanitaria, as cifras de ocupación para setembro serían "máis positivas". 


Santiago é unha das tres urbes galegas que non está en risco máximo.  A tendencia en Compostela é á baixa, cunha razón de taxas de 0,80%. É dicir, na última semana houbo un 20% menos de positivos (169) que na penúltima (251).


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE