Así soa 'Abe Rábade. Piano só entre árbores', as pezas que compuxo o pianista durante o confinamento (vídeo)
O músico, un dos máis importantes na historia do jazz en Galicia, tocou as pezas en solitario no medio dunha carballeira
O pianista galego Abe Rábade presentou este xoves a obra audiovisual 'Abe Rábade. Piano só entre árbores', un dos proxectos financiados polo Fondo Xacobeo 2021 e no que, no medio duunha carballeira do Concello de Rianxo (A Coruña), Ábade interpreta algunhas pezas do repertorio ao que deu forma durante o confinamento causado pola pandemia de covid-19.
O concerto pódese ver en o Portal da lingua galega e tamén en Youtube:
Na presentación, o músico galego foi acompañado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e pola representante de Miraxe, Sociedade Corporativa Galega --encargada de producir o concerto--, Rosa Salgado.
CATRO NUEVS COMPOSICIÓNS
Na peza audiovisual, gravada unha noite de novembro ao aire libre, Ábade interpreta catro pezas jazzísticas --'Liberación', 'Desexo', 'Ham-Dam. Improvisation' e 'Freixo'-- que, segundo explicou en rolda de prensa, foron ideadas e traballadas durante o confinamento. "No medio dun confinamento, no que non se podía saír, dediqueime a traballar só, polo que o único que podía ofrecer a este proxecto eran sós", indicou o pianista galego.
Ademais, ao concerto precédeo unha curta entrevista co pianista na que reflexiona sobre a experiencia que supuxo para el gravar esta peza nun espazo tan singular "no que, ademais do silencio, só se escoitaba o vento e as follas moverse", así como sobre a interpretación do jazz en xeral e o impacto do confinamento na sociedade.
DECLARACIÓNS
Unha pegada, a da covid-19, á que tamén fixo referencia Rosa Salgado, representante de Miraxe, asociación encargada de producir o concerto co obxectivo de "reivindicar aos técnicos galegos" e "activarse durante a pandemia mediante a participación nun proxecto que impulsa a cultura".
Valentín García, pola súa banda, agradeceu a participación de Rábade no proxecto, "un dos artistas galegos máis recoñecidos" e destacou a utilización do galego, "presente noutros proxectos financiados polo Fondo Xacobeo 2021" para a difusión cultural. "Non hai mellor maneira de demostrar que a nosa lingua, tan apropiada para a expresión da cultura tradicional e autóctona, está aberta e é perfectamente válida tamén para incorporar todas aquelas cousas boas que nos poidan chegar de fóra", comentou o secretario xeral.
Valentín García sinalou o importante papel do Fondo Xacobeo 2021, que ademais do concerto de Abe Rábade, financiou outros 400 proxectos e mediante o que a Xunta de Galicia creou un repositorio de contidos creativos de interese cultural en galego "para dinamizar a lingua e apoiar a artistas, creadores e empresas do ámbito cultural no contexto de crise causada pola covid-19".
Escribe o teu comentario