Prolóngase o boom turístico de Galicia mesmo no mes de outubro
As rexistradas en albergues sitúanse en 91.900 pero non constan no mesmo mes de 2020
As rexistradas en albergues sitúanse en 91.900 pero non constan no mesmo mes de 2020
As pernoitas en cámpings cuadriplicáronse en outubro en Galicia, as rexistradas en aloxamentos de turismo rural triplicáronse e as correspondentes a apartamentos turísticos multiplicáronse por dous, segundo os datos que publica este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE).
Así, foron 7.444 pernoitas en cámpings galegos durante o décimo mes deste ano 2021, un total de 33.052 en aloxamentos de turismo rural e 37.020 en apartamentos turísticos. As rexistradas en albergues situáronse en 91.900, pero non constan no mesmo mes de 2020.
Mentres, as estancias medias alcanzaron os 2,64 días en apartamentos turísticos, 1,83 en cámpings, 1,65 en aloxamentos de turismo rural e 1,25 en albergues.
Pola súa banda, o índice de prezos en aloxamentos de turismo rural reflicte unha caída na comunidade galega do 0,13%, fronte ao incremento do 4,62% da media.
DATOS ESTATAIS
No conxunto estatal, as pernoitas en establecementos extrahoteleiros (apartamentos, cámpings, aloxamentos de turismo rural e albergues) superaron os 8,2 millóns en outubro, tres veces máis que no mesmo mes de 2020, pero uns 6,5% inferiores ás do mesmo mes de 2019, en ausencia de pandemia.
Segundo datos provisionais publicados este mércores polo INE, as pernoitas de viaxeiros residentes en España alcanzaron a cifra de 3,7 millóns en outubro, o 45,2% das pernoitas totais, mentres que as realizadas polos estranxeiros sumaron 4,5 millóns.
En comparación con outubro de 2019, cando aínda non irrompera o Covid no mundo, as pernoitas extrahoteleres baixaron en outubro deste ano un 6,5%, a pesar de que as pernoitas dos españois sitúanse por encima do nivel prepandemia, ao superar nun 41,3% as rexistradas en outubro de 2019. Non ocorre así cos estranxeiros, cuxas pernoitas foron uns 27,1% inferiores ás do mesmo mes de 2019.
Durante o pasado mes de outubro estiveron abertos en España 142.068 aloxamentos extrahoteleiros, o que representa un 81,1% do total do directorio de establecementos nese mes.
Nos dez primeiros meses do ano as pernoitas extrahoteleiras incrementáronse un 51,8% respecto ao mesmo período de 2020.
Escribe o teu comentario