O promotor defende a rendibilidade do novo Festival do Xacobeo

Esmerarte, a produtora no centro da polémica sobre o novo festival do Xacobeo, dá a cara. Un dos seus directores, Joaquín Martínez Quim rexeita, en declaracións a Galiciapress, as acusacións de enchufismo que lle choveron non só desde a oposición, senón tamén desde compañeiros do sector.



|

Esmerarte, a produtora no centro da polémica sobre o novo festival do Xacobeo, dá a cara. Un dos seus directores, Joaquín Martínez Quim rexeita, en declaracións a Galiciapress, as acusacións de enchufismo que lle choveron non só desde a oposición, senón tamén desde compañeiros do sector.



Screenshot from 2018 02 26 19 33 38


Quim admite que recibirán 2,4 millóns da Xunta para montar “O Son de Camiño”, pero argumenta que os críticos caeron nun equívoco. Así, destaca que este diñeiro non procede dos fondos de Cultura, senón de Turismo. Polo tanto, non lle ve sentido ás críticas sobre que eles reciben este diñeiro mentres o resto de festivais ha de repartirse uns poucos centos de miles de euros, procedentes de Cultura, cada ano.


O promotor, un dos máis veteranos e exitosos do sector en Galicia, móstrase “orgulloso” de lograr que por vez primeira Turismo aposte pola música como principal arma para atraer visitantes.


Engade que a Unión Temporal de Empresas UTE que forman con Old Navy Port Producións S.L. arrisca moito, pois os 2,4 millóns públicos son só unha parte do orzamento. O empresario cifra en máis do dobre da subvención o que poñen en xogo para traer a artistas do caché de Lenny Kravitz. “A ver se non nos arruinamos”, suspira, porque “un macrofestival en Galicia é moi complicado de sacar adiante”.


O codirector de Esmerarte razoa ademais que o retorno publicitario para Galicia será maior que eses 2,4 millóns a través dunha “campaña de comunicación dentro e fóra de Galicia”. Cre que  “O Son do Camiño” pode servir de carta de presentación para o próximo Xacobeo 2021, en particular para que as empresas metan diñeiro na próxima cita xubilar, aproveitando as deducións fiscais.


Haberá Son do Camiño 2019? E 2020? O promotor admite que lle gustaría, pero deixa claro que eles só lograron un contrato de patrocinio da Axencia Galega de Turismo para este ano. Se a partir da súa proposta deste exercicio, o festival consolídase, apunta, a Xunta podería sacar a concurso aberto futuras edicións.


Quim di respectar as críticas recibidas tanto desde os partidos políticos como desde a Asociación Galega de Empresas Musicais, que emitiu un comunicado moi duro. Agora ben, lamenta que, como “socio fundador e ex-presidente da AGEM", “non se me comunicou que se ía sacar ese comunicado”. “Non quero atacar á asociación porque formo parte de ela”, engade. A AGAEM organiza unha asemblea este martes no que se debaterá o asunto.


Na súa opinión, o sector musical queda en “moi mal lugar” ao alimentar unha polémica xusto agora, cando empeza a ver a saída ao tunel da crise. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE