Turismo e o Xacobeo xa non dependen do presidente, algo positivo para Noriega

Primeiras valoracións da crise de Goberno desatada este xoves por Alberto Nuñez Feijóo. O mandatario recibe aplausos dun rival político, Martiño Noriega, por desfacerse as competencias de Turismo e, por tanto, do esperado Xacobeo 2021.


|

Primeiras valoracións da crise de Goberno desatada este xoves por Alberto Nuñez Feijóo. O mandatario recibe aplausos dun rival político, Martiño Noriega, por desfacerse as competencias de Turismo e, por tanto, do esperado Xacobeo 2021.



Nava Castro,

Nava Castro, responsable de Turismo e, por tanto, do Xacobeo 2021


Así, o líder de Compostela Aberta fixo referencia -en declaracións a Radio Galicia- ás "dificultades" de interlocución que había coa Xunta, dado á confusa "xerarquía" entre a secretaría xeral de Turismo de Nava Castro, que dependía da Presidencia (é dicir, de Feijóo), e a consellería de Cultura de Román Rodriguez. 


Ese problema xa non existirá, xa que a Turismo migra desde Presidencia a un novo departamento, Consellería de Cultura e Turismo, a cuxo mando continuará Rodríguez e que deberá coordinar o departamento de Castro. 


"Parécenos algo oportuno", dixo Noriega na súa primeira valoración do cambio de Goberno. Santiago de Compostela xógase moito na modificación. O próximo Xacobeo, en 2021, está cerca  e, máis aló das rivalidade política, é evidente que as dúas administracións necesitan colaborar fuidamente para propiciar o seu éxito.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE