Vigo

Covid municipios: A Coruña (+19%) e Vigo (+17%) lideran a alza dos positivos semanais que sofren todas as cidades


Só hai 6 municipios por baixo de 250 positivos por 100.000 habitantes á semana: Beade, A Teixeira, Muras, O Incio, Irixoa e O Vicedo. Só os tres primeiros non rexistraron ningún positivo na última

Barreras, á que Pemex comprou sabendo que non lle valía, presenta o concurso voluntario de acredores ​

O estaleiro Hijos de J. Barreras presentou na mañá deste xoves a solicitude de declaración de concurso voluntario de acredores no Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra, con sede en Vigo


Fundación A Caixa envórcase na loita contra a exclusión social en Vigo e financia un proxecto con 16.000 euros​
A Fundación A Caixa asignou un importe de 15.720 euros a un proxecto para a loita contra a pobreza infantil e a exclusión social en Vigo, dentro da súa segunda convocatoria do Programa de Axudas a Proxectos de Iniciativas Sociais 2021, que destinará 2,6 millóns de euros a un total de 99 iniciativas no territorio español.


Inhabilitado durante cinco anos un adestrador de fútbol feminino por tocamentos a unha xogadora en Vigo
A Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentencia este mércores na que condena a L.V.V.M. a unha pena de 2 anos de prisión por un delito de abusos sexuais a unha menor á que adestraba, e á que fixo tocamentos. A execución da pena de prisión foi suspendida e non terá que ingresar no cárcere.
Pemex comprou Barreras sabendo que non lle servía, indica o tribunal de contas de México

A dirección de Lozoya -hoxe preso acusado de asociación delituosa noutro caso- dixo que compraban o estaleiro para facerse co saber naval galego, cando os seus propios técnicos advertíranlle que Barreiras subcontrataba case todo. Tras comprar os estaleiros, os mexicanos desentendéronse de dirixilo, segundo un informe de Cuatrecases.

Investigan se o presunto asasino do sexagenario degolado en Vigo gastouse o diñeiro da vítima en coches e ceas​
Investigan os gastos que fixo o mozo, que ten antecedentes por estafa, coas tarxetas da vítima


Prisión comunicada e sen fianza para o presunto asasino do sexagenario degolado no seu domicilio en Vigo
A xuíza de Instrución número 5 de Vigo acordou este venres o ingreso en prisión comunicada e sen fianza de D.M.C., de 21 anos de idade, detido o pasado martes pola súa presunta vinculación co asasinato dun veciño de Vigo, que foi localizado cun corte profundo no pescozo no seu domicilio da rúa Areal.


Algúns médicos obvian a instrución do SERGAS e seguen atendendo a pacientes non covid en centros de Vigo
A xerencia viguesa aclara agora que non é unha instrución de obrigado cumprimento, senón unha "ferramenta máis" para paliar a sobrecarga
Stellantis Vigo (antiga PSA Citroën) suspende unha quenda o domingo ante a avalancha de baixas por covid
A incidencia de casos de Covid no persoal de Stellantis Vigo obrigou a desprazar a quenda de noite deste domingo dos dous sistemas de montaxe á noite do 23 de xaneiro, debido ao número de baixas, e como medida de reorganización que dea estabilidade ao resto de talleres.
Tres días de folga dos 1.600 empregados de Bosh Vigo para denunciar a "precarización laboral" que sofren
Uns 1.600 traballadores do servizo de 'call center' de Bosch en Vigo están convocados a tres xornadas de folga para denunciar a "precarización laboral" que, aseguran os sindicatos, pretende impoñer a empresa, cunha "modificación substancial" das condicións de traballo que afecta a uns 400 empregados.
(VÍDEO) Así foi a brutal malleira que recibiu un home en Vigo por interpoñerse entre unha muller e o seu maltratador

Os axentes logran aplacar ao agresor, que mesmo chega a blandir unha cadeira para lanzala ás autoridades. No medio da tángana, o home que interveu para defender á muller agredida, recibiu un porrazo por parte dos axentes, o que provocou que varios transehuntes que presenciaban a pelexa saísen no seu defensa.

Dous incendios en garaxes de Vigo nun só día deixan máis de trinta coches danados, un calcinado do todo
Un coche resultou totalmente calcinado no incendio rexistrado nun garaxe dun edificio de cálea Escultor Nogueira de Vigo, no que non se rexistraron danos persoais.
Reparado a focha que obrigou a paralizar a actividade no aeroporto de Vigo, de novo operativo
O aeroporto de Peinador, en Vigo, xa está operativo tras ser reparado a focha situada na pista, segundo confirmou Aena nas súas redes sociais.
Vigo suspende a cabalgata dinámica do 5 de xaneiro polo aumento de contagios e amplía o horario da estática
Vigo suspendeu a celebración da Cabalgata de Reyes dinámica prevista para o próximo 5 de xaneiro, cando se desenvolverá a estática entre as 11,00 e as 20,00 horas, cunha pausa durante o mediodía, ante o aumento de casos de covid-19 rexistrado nos últimos días.
Santiago (+48%) e Lugo (+28%) son as urbes onde máis soben e Ourense (-14%) onde máis caen os positivos covid semanais

O novo mapa de calor da razón de taxas que hoxe estrea Galiciapress confirma que a provincia Ourense mellora con varios municipios en verde, capital incluída. Ademais, o verde -que implica que a tendencia semanal dos positivos é á baixa- empeza a asomar polas comarcas como Vigo e O Morrazo.

Covid municipios: forte alza en Santiago (+56 no seu cómputo semanal) e relevante descenso en Vigo (-25)
  • AMES +9
  • NOIA +9
  • TEO +9
  • LUGO +9
  • OURENSE +9
  • LALIN +9
  • NIGRAN +9
  • BARCO DE VALDEORRAS  +10
  • CAMBRE +11
  • CORUÑA (A) +14
  • OLEIROS +17
  • PONTEVEDRA +52
  • SANTIAGO DE COMPOSTELA +56 
O home que desapareceu do Hospital de Vigo é atopado en Coia un día despois
O home de 50 anos de idade, Víctor Moreno Díaz, cuxa desaparición en Vigo foi denunciada este martes, foi localizado e reingresado ao Hospital Álvaro Cunqueiro, segundo informaron fontes policiais.
Dous homes detidos en Vigo por presunta agresión sexual a unha muller na rúa Torrecedeira

A muller coñeceu aos acusados nun local de madrugada e fóronse a un piso onde, supostamente, agredírona sexualmente.


Unha nova agresión LGTBIfóbica en Vigo provoca unha concentración de protesta ante o museo Marco
O colectivo LGTBI participará nunha concentración convocada para este martes ante o museo Marco, situado en Vigo, tras unha "agresión LTGBIfóbica" e en apoio á vítima.
A cepa covid Ómicron salta xa en máis do 30% das análises en Galicia e hai 6 sospeitosos en Santiago

O 33% das análises de ADN a positivos de covid en Galicia na primeira semana de decembro detectaron a liñaxe BA.1, a cepa Ómicron do covid-19. Así figura nos datos de COVIDTAG, o proxecto de IrsiCaixa que, tirando de datos oficiais, publica a frecuencia de cada variante en cada autonomía.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE