Abel Caballero recolle a luva de Marea de Vigo e BNG e ordena a retirada "inmediata" da campaña anti aborto

O Concello de Vigo ordenou a retirada "inmediata" da campaña antiabortista instalada en marquesiñas e mupis de toda a cidade, despois da gran controversia que esta publicidade creou.



|

O rexedor vigués toma a decisión logo das denuncias de Marea de Vigo e o BNG da cidade olívica. 


"Rezar fronte a unha clínica abortista está xenial" é o slogan desta polémica campaña polo que Caballero mostrou o seu "absoluto rexeitamento".


FJyOg1uXEAwAbx6

Marquesiña coa polémica campaña | Foto: Marea de Vigo


O Concello de Vigo ordenou a retirada "inmediata" da campaña antiabortista instalada en marquesiñas e mupis de toda a cidade, despois da gran controversia que esta publicidade creou.

Nun comunicado, o Concello indicou que "tan pronto" como tivo coñecemento destes carteis, ordenou a retirada dos mesmos, manifestando o seu "absoluto rexeitamento" a calquera campaña que atente contra os dereitos das mulleres.

Todo iso despois de que Marea de Vigo e o BNG vigués esixisen na mañá deste luns a retirada da campaña antiabortista que a Asociación Católica Propagandistas (AdcP) instalou nas marquesiñas e nos mupis da cidade.


Nun comunicado, a concelleira de Marea de Vigo Oriana Méndez asegurou que esta publicidade incumpre o contrato adxudicado polo Concello á empresa JCDecaux, "que impide claramente a presenza de propaganda sexista ou vejatoria contraria aos dereitos constitucionais".

Na mesma liña falou o concelleiro nacionalista, Xabier P. Igrexas, que sinalou que se trata dunha propaganda "reaccionaria" da "dereita ultracatólica" que usa estes paneis para propagar o seu "discurso do odio".

Esta controversia produciuse despois de que a Asociación Católica de Propagandistas (ACdP) lanzase unha campaña antiabortista en 33 cidades de toda España baixo co lema "rezar fronte ás clínicas abortistas está xenial" para manifestarse contra a Lei do Aborto que expón o Goberno.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE