Vigo construirá edificios intelixentes que informarán en tempo real de ruído, gases ou consumo

Vigo participará nun proxecto piloto de edificios intelixentes que medirán a través de sensores e facilitarán datos en tempo real do nivel de ruído, de coches na rúa, de aglomeracións, de gases ou de consumo eléctrico, entre outros.

|

REEOoBbSg9m4LGnMDsyKMd8YVBpwHt0XeykAcL2x

Abel Caballero @Concello de Vigo


Vigo participará nun proxecto piloto de edificios intelixentes que medirán a través de sensores e facilitarán datos en tempo real do nivel de ruído, de coches na rúa, de aglomeracións, de gases ou de consumo eléctrico, entre outros.

Tal como explicou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, serán máis de 170 edificios os que estarán incluídos na iniciativa, que estará financiada en gran parte polo Goberno central, con 3,9 millóns de euros, mentres que o Concello investirá 1,1 millóns.

Así, 78 dos edificios estarán situados no centro da cidade, mentres que os 94 restantes nas parroquias de Vigo. Coa axuda do Internet das cousas (IoT, polas súas siglas en inglés), as infraestruturas transmitirán información que servirá para "mellorar a calidade de vida" das persoas, segundo asegurou Caballero, como o nivel de gases, de coches, de ruídos, de aglomeracións, de consumo de enerxía, da calidade do aire ou do tempo.

En concreto, a estación de ferrocarril e de tren, o porto, os museos, o estadio de Balaídos, VigoZoo ou todos os mercados da cidade formarán parte do proxecto piloto, que tamén contará con edificios privados como centros comerciais, hoteis ou o Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valladares.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE