urbanismo

Manuel Cabezas (PP de Ourense): “Votar a Jácome é votar a Baltar, eu nunca pactarei con Jácome”

Galiciapress entrevista ao candidato do PP en plena tormenta da política ourensá. O ex-alcalde é tallante, el xamais reeditará o cambio de cromos polo cal o seu partido cedeu o Concello a Jácome a cambio da Deputación, un pacto que, di, “nin entendín nin entendo”. Unha novo PXOM, as enquisas e as súas motivacións para volver a primeira liña son outro dos temas desta conversación, parte da entrevistas precampaña que está a publicar este xornal.

Ferrol "espera desde setembro" que a Xunta decida a parcela do futuro centro de saúde de San Xoán

Para decidir a parcela é "imprescindible o concurso de técnicos da Xunta", explicou o concelleiro de Urbanismo, Julián Reina

A dársena de Xoán XXIII abre polémica entre os composteláns

O tapiado da dársena de Xoán XXIII, que serve de refuxio para persoas sen fogar, abriu polémica ante a abstención do BNG e Compostela Aberta do proxecto e ante o voto do PP a favor

Culleredo merécese unha explicación

Que seguridade terá un investidor, nun Concello no que as condicións do chan levan máis de 20 anos sen concretarse? E o que é máis importante, non se merecen os cullerdenses unha explicación convincente sobre as razóns polas que este Alcalde non quere asumir o traballo realizado e non acepta as recomendacións que a administración autonómica ha feito ao Plan? 

Novo responsable do control urbanístico en Galicia tras cesar "a petición propia" José Antonio Cerdeira

O seu substituto, Jacobo Hortas, foi asesor xurídico da área urbanística do Concello da Coruña e da súa Empresa Municipal de Vivenda. É licenciado en Dereito pola Universidade San Pablo Ceu e especialista en Dereito Urbanístico.

Libre con cargos o policía acusado de pedir subornos a cambio de permisos de obra
O Xulgado de instrución número 3 de Santiago decretou liberdade coa obrigación de comparecer cada quince días en sede xudicial para o policía local da capital galega investigado por suborno, falsidade documental e por delito contra a ordenación do territorio e urbanismo.
Unha funcionaria acusa de "presións" ao alcalde de Ferrol e de "humillación" á edil de urbanismo

O goberno de Jorge Suárez rexeita a denuncia e asegura que "atende e respecta escrupulosamente" a legalidade


A Xustiza anula o Plan de Urbanismo de Muxía

A Sección Segunda da Sala do contencioso-administrativo do TSXG estimou o recurso contra a orde do 11 de abril de 2016 pola que se aprobou o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Muxía. 

Un policía pide subornos a cambio de informes urbanísticos, segundo unha gravación

O Policía négao, pero por agora está apartado do seu traballo de control urbanístico. Contra el hai unha gravación dun veciño na que, supostamente, escóitaselle pedir un suborno, aínda que di que non é para el, se non para outros funcionarios.

O urbanismo salvaxe aprovéitase da costa galega desprotexida

Un informe de Greenpeace sinala a Pontevedra e Lugo entre as provincias con menor protección. Barreiros e Sanxenxo, exemplos "paradigmáticos".

O BNG denuncia un "pelotazo" do PP en Sanxenxo e pregunta a Feijóo se o "apadriñará"

"Telmo Martín representa o modelo urbanístico do PP", asegura Pontón, quen reclama que os implicados "entren en razón". 

Dúas mortes nun mes fan saltar as alarmas de seguridade da Mariña coruñesa

O Concello e o Porto da Coruña estudarán o bordo marítimo tras a morte de Mateo González e outro mozo de Mesía.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE