A Xustiza anula o Plan de Urbanismo de Muxía

A Sección Segunda da Sala do contencioso-administrativo do TSXG estimou o recurso contra a orde do 11 de abril de 2016 pola que se aprobou o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Muxía. 


|

A Sección Segunda da Sala do contencioso-administrativo do TSXG estimou o recurso contra a orde do 11 de abril de 2016 pola que se aprobou o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Muxía. 



800px Muxia, Spain   view from hill

Vista de Muxía nunha foto de Adrián Estévez para a Wikipedia


O tribunal declarou a nulidade do documento urbanístico por "a falta de sometemento a avaliación ambiental estratéxica", que afecta a áreas de Rede Natura. O TSXG indica que non se xustificou " debidamente a omisión do procedemento ambiental legalmente esixido". 


A XUNTA TERÁ QUE PAGAR

Ademais, impuxo o pago das costas procesuais á parte demandada (Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio) e codemandada (Concello de Muxía).

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE