A dársena de Xoán XXIII abre polémica entre os composteláns

O tapiado da dársena de Xoán XXIII, que serve de refuxio para persoas sen fogar, abriu polémica ante a abstención do BNG e Compostela Aberta do proxecto e ante o voto do PP a favor


|

0135
A dársena de Xoán XXIII, lugar de entrada de moitos tusistas á cidade, serve tamén de refuxio para persoas sen fogar / Foto: www.santiagoturismo.com

A zona da dársena de aparcamento de Xoán XIII, en Santiago de Compostela, moi próximo á catedral e ás portas do centro histórico, xerou debate entre os grupos municipais. Tres grupos de oposición levantaron a polémica na capital galega criticando nos últimos días o tapiado desta dársena.

 

Esta localización trátase dun dos puntos de entrada dos turistas na cidade e nela era habitual ver tendas de campaña ou cartóns no chan, utilizados por persoas sen fogar para pasar alí a noite. Preto da zona atópase tamén Cáritas, que traballa co colectivo.

 

O goberno do alcalde socialista Xosé Sánchez Bugallo propuxo e levou á Comisión de Patrimonio un proxecto para mellorar as condicións da zona. O PSdeG, e o PP votaron votaron a favor, mentres que o BNG e Compostela Aberta optaron pola abastención. Con todo, unha vez que se comezaron as obras na zona, os tres grupos da oposición local han recruado as súas críticas.

 

Compostela Aberta sinalou que estas accións son "similares" ás que no ano 2013 acometeu Gerardo Conde Roia, que naquel enconces era alcalde de Santiago, instalando macetas para tentar que as persoas máis vulnerables deixasen de usar este lugar.
 

A portavoz do grupo Compostela Aberta, Marta Lois, lamentou que con estas obras o alcalde "recoñece abertamente que o obxectivo é mellorar a imaxe da cidade diante dos turistas" e que con elas "non pensa en mellorar a situación das persoas".

 

O concelleiro de Obras está a presentar o proxecto, segundo indicou a portavoz, mentres que a responsable de Políticas Sociais, Mila Castro, "está desaparecida", afirma. Lois pediu a Castro que "explique que vai pasar co diñeiro" proveniente dun fondo europeo para levar a cabo a proposta de Compostea Aberta para a creación dun Centro Municipal de Atención Integral para persoas sen fogar. Sinala que "os fondos europeos seguen parados e as persoas sen fogar non recibiron as solucións que necesitan".

 

A portavoz do Bloque Nacionalista Galego, Goretti Sanmartín, recalcou a través dun comunidado esta mañá que está "en contra" desta obra. Vincúlaa ademais con "a intención de aparentar que non existe pobreza, marxinación e que hai xente que non ten un sitio onde durmir".

No mesmo marco de denuncia, Sanmartín urxiu ao goberno local adoptar "máis" medidas sociais para reducir a taxa de rega de pobreza. A formación reclamou un plan de integración social para que a xente deixe de durmir na rúa e pediu ao goberno local que expoña cal é a planificación para a integración deste colectivo.

 

A concelleira do BNG urxiu tamén ao goberno local adoptar "máis" medidas sociais para reducir a taxa de rega de pobreza. A formación reclamou un plan de integración social para que a xente non teña que durmir na rúa e solicitou ao goberno local que expoña cal é a planificación que ten para a integración deste colectivo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE