Culleredo merécese unha explicación

José Antonio Roca

Coordinador de Máis por Culleredo

As decisións urbanísticas que se materializan nos Plans de Urbanismo deben plasmar un conxunto de obxectivos que resuman o interese colectivo: adecuar o sistema urbano a un máximo desenvolvemento dos factores produtivos, redistribuír de maneira equilibrada os continxentes demográficos e actividades, lograr unha integración espacial e funcional, evitar a dispersión e o sobredimensionamento, manter e favorecer o carácter público do espazo urbano, a súa infraestrutura e equipamentos, así como protexer o medio natural e o patrimonio cultural.

E aínda que estes obxectivos poidan soar afastados da realidade diaria das persoas, os Plans de Urbanismo acaban comprometendo os aspectos máis decisivos da acción municipal e por tanto repercutindo no día a día do individuo, nas condicións de vida dos cidadáns, das empresas e da propia Administración Pública, a cal se beneficia tamén da xestión urbanística.


Existirá por tanto unha responsabilidade pública na execución (ou inexecución) urbanística e unha afección negativa, entre outros, sobre as expectativas patrimoniais ou os desenvolvementos que non leven a cabo por decisións políticas sobre o propio Plan, podendo mesmo considerarse obxecto de indemnización, se as circunstancias situásena, por exemplo, nunha desviación de poder que alongue ou anule, innecesaria e conscientemente, o que puido ser aprobado ou xestionado nun prazo menor.


Rioboo alcalde de Culleredo

Rioboo, alcalde de Culleredo 


Sendo Culleredo un concello clave na comarca coruñesa, polo crecemento que tivo nos últimos anos e polo papel fundamental en canto ás infraestruturas que se han de construír ou mellorar nas próximas décadas, cabe preguntarnos se non é unha decisión, demasiado comprometida, a que "sopesa" o Alcalde de Culleredo cando fala de rescindir o contrato a través do cal se estivo redactando un novo Plan Xeral. Algo no que se estivo "traballando" desde 1999.


Que seguridade terá un investidor, nun Concello no que as condicións do chan levan máis de 20 anos sen concretarse? E o que é máis importante, non se merecen os cullerdenses unha explicación convincente sobre as razóns polas que este Alcalde non quere asumir o traballo realizado e non acepta as recomendacións que a administración autonómica ha feito ao Plan? 


Que seguridade terá un investidor, nun Concello no que as condicións do chan levan máis de 20 anos sen concretarse? E o que é máis importante, non se merecen os cullerdenses unha explicación convincente sobre as razóns polas que este Alcalde non quere asumir o traballo realizado e non acepta as recomendacións que a administración autonómica ha feito ao Plan? Rioboo terá que explicarnos cales son as "promesas" e os convenios privados que non encaixan dentro desa planificación e que lle "obrigan" a comprometer, aínda máis, unha situación urbanística municipal que xa custou nos últimos anos varios millóns de euros en indemnizacións a promotores e construtoras.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE