Novo responsable do control urbanístico en Galicia tras cesar "a petición propia" José Antonio Cerdeira

O seu substituto, Jacobo Hortas, foi asesor xurídico da área urbanística do Concello da Coruña e da súa Empresa Municipal de Vivenda. É licenciado en Dereito pola Universidade San Pablo Ceu e especialista en Dereito Urbanístico.


|

O seu substituto, Jacobo Hortas, foi asesor xurídico da área urbanística do Concello da Coruña e da súa Empresa Municipal de Vivenda. É licenciado en Dereito pola Universidade San Pablo Ceu e especialista en Dereito Urbanístico.


Jacobo Hortas nunha imaxe da súa Facebook


Jacobo Hortas nunha imaxe da súa Facebook


O Consello Executivo da Axencia de Protección dá Legalidade Urbanística (APLU) reúnese este mércores para analizar, a proposta da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, o nomeamento do avogado Jacobo Hortas como o seu novo director.

En concreto, o cambio á fronte desta entidade prodúcese despois de renúnciaa de José Antonio Cerdeira, quen leva no cargo desde 2015 e que cesa "a petición propia", segundo explica a Xunta nun comunicado.


TRAXECTORIA PROFESIONAL 

O avogado coruñés Jacobo Hortas García, avalado "por unha ampla experiencia en materia urbanística", é o candidato proposto pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.


Segundo o seu Linkedin, o letrado é experto en Dereito Urbanístico, pois traballou entre 2002 e 2007 como avogado da Concellería de Urbanismo do Concello da Coruña, baixo as ordes do Director do Servizo e do Tenente de Alcalde responsable da área de urbanismo. Desde entón é o responsable xurídico de Company NameEMVSA (Empresa Municipal Vivenda, Servizos e Actividades S.A.U.). 


En calquera caso, a substitución á fronte da APLU deberá ser ratificado polo Consello de la Xunta, que previsiblemente a aprobará na súa reunión deste xoves.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE