Os prezos para comprar unha vivenda en litoral galego seguen crecendo, mentres que no interior de Lugo e Ourense a penas existe actividade inmobiliaria máis aló da xerada nas capitais de provincia. A clasificación de prezos por metro cadrado dado a coñecer por unha patronal inmobiliaria reflicte claramente esta brecha.
Presentación institucional da máis popular rapa de Galicia, que espera xuntar máis de 350 cabalos no curro de Sabucedo durante os tres días de festa
Hai uns meses as enquisas puñan ao PSOE en terceira posición pero o retorno do ex-alcalde provocou un tremor na política local que se plasmou nunha contundente vitoria socialista. Con todo, Xosé Sánchez Bugallo necesita de apoios e nesta entrevista con Galiciapress detalla en que eidos buscará pactos con Compostela Aberta, PP e BNG; noemadamente o turismo e o Xacobeo. Co Bloque non descarta aínda compartir goberno. A operación Peleteiro, o “estraño” criterio da conselleira de Infraestruturas co tren ao aeroporto, o teleférico á Cidade da Cultura e a construción de vivenda pública son algúns doutros temas desta conversa.
É realista que Bugallo saque máis apoio nas locais que o que acadou Pedro Sánchez nas xerais? Este é un dos argumentos que enarbora sobre as recentes enquisas o alcalde de Santiago. Nesta entrevista con Galiciapress, Martiño Noriega tamén cuestiona a estratexia do PSOE, que ve pescando na da dereita ao calcar propostas conservadoras como instalar máis cámaras de seguridade. A fusión de concellos, a necesidade de repensar que turismo busca Compostela e o contraste entre a unión a nivel local da marea fronte o divorcio a nivel autonómico de En Marea son outros dos temas desta conversación.
Xosé Sánchez Bugallo (1954) demostra nesta entrevista que coñece Santiago como a palma da súa man. Por exemplo, cando se lle pregunta pola “fantasía” do metro lixeiro do PP, en seguida argumenta citando detalladas cifras de pasaxeiros. Ao candidato do PSdeG, nótaselle os 12 anos que botou de alcalde e que está poñendo toda a carne no asador. O local -montado no Ensanche, territorio hostil, pois é un dos poucos barrios nos que gañou o PP o 28A- zumega unha frenética actividade. Ao temón un político veterano que, nesta entrevista, móstrase moi duro con Noriega. Das súas palabras, dedúcese que vai a por todas e non está pola labor pola ser segundo de abordo de Compostela Aberta. A política de vivenda, a fusión de concellos, a seguridade, os pisos turísticos e a mina de Touro son outros dos temas desta conversa.
Raimundo Amador, Aitana ou Pastora Soler son algúns dos artistas do debutante Maestral Music Festival A mítica banda de pop español Hombres G súmase ao cartel da primeira edición Maestral Music Festival. Durante todo agosto, o concurridísimo verán de Sanxenxo acollerá algunha das xiras máis populares do verán.
A proliferación de avistamentos de cetáceos en Galicia nos últimos empeza a ter consecuencias positivas. Cemma, o grupo científico que se dedica ao seu estudo, organiza saídas para avistar mamíferos mariños fronte ás costas galegas. Visitas ás que se pode apuntar o público en xeral, en especial menores entre 12 e 18 anos acompañados.
Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, defende a limitación das visitas ao Parque Nacional Illas Atlánticas recollida no plan reitor a pesar das críticas de empresas do sector turístico, que aseguran que non favorece á desestacionalización das mesmas.
A Avintia iniciou as obras dunha nova promoción de vivendas en Portonovo, no municipio pontevedrés de Sanxenxo, que supoñerán un custo de 6,5 millóns de euros e que calculan que creará sobre 100 postos de traballo, entre directos e indirectos.
Iván Ferreiro, Eme Dj, Marem Ladson ou Baiuca serán algúns dos artistas galegos no festival que terá lugar do 13 ao 15 de xuño en O Monte do Gozo.
Nesta entrevista con Galiciapress, a Bugallo non lle treme a voz para cualificar de “impresentable” a falta de compromiso do Goberno de Pedro Sánchez coa depuradora. O ex-alcalde de Santiago e de novo candidato deixa claro que o seu primeiro compromiso é coa cidade e explícanos cómo iso levoulle a saír do seu retiro. Ao PP de Santiago acúsao de ser protagonista de intres escatolóxicos -incluído un convenio para a depuradora oculto no caixón- e a Compostela Aberta de pasotismo. O Xacobeo, os pisos turísticos, a seguridade, o modelo de zona vella e as relacións con Gonzalo Caballero son outros temas desta conversa.
A conselleira de Medio Ambiente de la Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez, confiou en que o parque nacional das Illas Atlánticas de Galicia consiga ser Patrimonio Mundial da Unesco por ser "a xoia do patrimonio natural" de Galicia.
Os promotores din que investiron 2,5 millóns no mercado de Boanerges
O proxecto de iniciativa privada supón un investimento de 973.420 euros, cun prazo en concesión de 25 anos