temporal

O temporal continúa e deixa un regueiro de máis de 400 incidencias en Galicia

A maioría de incidencias rexistradas débense a caídas de árbores e cables de luz | Vertidos, desprendementos, derrubamentos ou accidentes son outros efectos da situación meteorolóxica adversa. 

Fenosa traballa para repoñer a subministración eléctrica a 97.000 clientes

A compañía despregou un dispositivo dunhas 500 persoas e as súas brigadas traballaron durante toda a noite nas liñas afectadas.

Toda a costa galega continúa en risco "extremo"

A frota permanece amarrada e os colexios de toda a comunidade suspenden as actividades no exterior polo vento.

O temporal ameaza con cancelar o Dépor-Betis en Riazor

O estadio herculino sufriu danos en dúas zonas que poden afectar á seguridade. Debaten se recolocar os afeccionados ou suspender o encontro.

O temporal obriga a desviar dous voos e cancelar outro con destino Vigo

O forte vento obrigou a cancelar estes voos que tiñan prevista a súa chegada a Peinador ao longo do día de hoxe. 

O temporal deixa un regueiro de incidencias por toda a comunidade

Ademais de caídas de árbores ou inundacións en garaxes, nun colexio de Sober suspendéronse as clases ata o luns polo levantamento da cuberta do centro.

O vento tira de madrugada árbores, pólas e carteis

O 112 rexistrou esta noite 65 incidencias como consecuencia do temporal, que, con todo, non provocaron ningún accidente.

Galicia afronta catro días de temporal en terra e no mar

Varias borrascas sucesivas deixarán ondas de ata 9 metros e a choiva poderá superar os 200 litros por metro cadrado ata o luns.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE