As desfeitas en Balaídos tras o temporal obrigan a suspender o Celta-Madrid
Tivo que cancelarse polos desfeitas no estadio ao arrincar o vento 40 metros da cuberta da bancada de Río.
Técnicos do Concello olívico estiveron avaliando a posibilidade de ter que suspender o partido de mañá entre Celta e Real Madrid, previsto para as 20.45, que finalmente tivo que cancelarse posto que o temporal deixou senllas desfeitas no estadio de Balaídos, ao arrincar o vento 40 metros da cuberta da bancada de Río, segundo informa La Voz de Galicia.
Segundo o mesmo diario, o Concello decidiu suspender o partido ás dúas da tarde ante o posible risco para os espectadores.
Esta mañá Berizzo facía referencia á posibilidade de suspender o encontro: "Nós estamos nun bo momento futbolístico, pero quero que a xente o goce. O prioritario é o coidado do espectador, que se pense no afeccionado. Debe ser protexido", dicía, en declaracións recollidas por LVG.
Escribe o teu comentario