Morre un octoxenario tras escorregar ao retirar unha árbore da estrada de Viveiro
Supostamente, o falecido foi a retirar árbores na estrada que une Viveiro-Xilán e escorregou con ramas, o que lle produciu un traumatismo cranial que lle provocou a morte.
Un octoxenario faleceu este sábado no Concello lucense de Muras tras escorregar cunhas ramas despois de retirar unha árbore da estrada de Viveiro-Xilán.
Segundo indicou a Garda Civil, o falecido é J.P.S., nacido no ano 1937 e veciño de Xeldriz, parroquia situada no Concello de Ourol.
Supostamente, o falecido foi a retirar árbores na estrada que une Viveiro-Xilán e escorregou con ramas, o que lle produciu un traumatismo cranial que lle provocou a morte.
A Garda Civil atribúe o suceso a un accidente. O caso lévao o Xulgado de garda.
Escribe o teu comentario