A Xunta destinará 5 millóns de euros a reparar os danos do temporal
Este diñeiro servirá para reparar o patrimonio autonómico, incluíndo centros escolares, sanitarios, portos, estradas e outras instalacións.
A Xunta destinará uns cinco millóns de euros a reparar os danos que o temporal da pasada semana ocasionou no patrimonio autonómico, que inclúe centros escolares e sanitarios, portos, estradas e outras instalacións.
Diso informou en rolda de prensa o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, ao termo do Consello da Xunta, que tivo coñecemento dunha primeira avaliación dos danos ocasionados polo mal tempo.
O PSOE PIDE UNHA "AVALIACIÓN DE DANOS"
Pola súa banda, o Partido Socialista de Galicia esixiu á Xunta que "dea a cara" e presente unha avaliación dos danos causados polo temporal rexistrado o fin de semana e que deixou sen subministración eléctrica durante varias xornadas a diversas aldeas galega.
Os socialistas preguntarán a o Goberno galego pola súa actuación fronte aos danos provocados polo temporal na subministración eléctrica, desbordamento de ríos, os estragos nos portos e demais infraestruturas públicas, así como polo "caos" nas liñas ferroviarias. Ademais, levarán á Cámara a "insuficiente" mobilización dos recursos de salvamento e extinción por parte do CAE 112 Galicia.
Escribe o teu comentario