Sergas

O Sergas nega a traballadoras eventuais horas de lactación e o permiso para casar

O Sindicato de Sanitarios Galegos Públicos critica que o goberno presuma de conciliación familiar cando "sempre" deciden en contra dos seus traballadores.

Reclaman que a Fiscalía "comprobe que hai un abandono" en Cirurxía Pediátrica do CHUO

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública presentou a petición por escrito. Negan que se retomasen as operacións.

Arrinca a vacinación contra a pneumonía para adultos

Desde este luns aquelas persoas nadas a partir do 1 de xaneiro de 1952, é dicir, maiores de 65, poderán pedir cita no seu centro de saúde. 

O Consultivo entende un suicidio no Meixoeiro como "acto voluntario" e rebaixa á metade a indemnización

O Sergas propoñía indemnizar con 267.000 euros ás fillas ao admitir "unha falta de supervisión" e un "fallo no sistema de prevención". 

Traballadores do Chuac rebélanse contra a política de peche de camas no verán

Os profesionais séntense "maltratados" pola Administración e piden "menos propaganda" e máis "seriedade" sobre as contratacións. 

Denuncian un novo episodio de colapsos nas urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios asegura que entre as 15,00 e as 19,00 deste xoves chegou a haber 36 pacientes en espera con ingreso asignado, xerándose longas colas en zonas de acceso. 

Persoal do Sergas esixe en Santiago recuperar os seus dereitos "suspendidos"

Piden a devolución dos acordos retributivos e as condicións de traballo que lles foron "roubados" polo goberno de Feijóo. 

Condena ao Sergas por "discriminación por razón de sexo" a unha médica de Ourense

Negouse a pagar as gardas que a facultativa non puido realizar por estar de baixa por embarazo de risco

"Entre o 15 e o 20%" das camas do Sergas estarán pechadas este verán

Almuiña di que en todo caso as camas estarán "listas e preparadas" para ser utilizadas en caso de ser necesario.

O Parlamento alerta de que case un 24% dos pacientes do Sergas sofren desnutrición

Todos os grupos parlamentarios sumaron os seus votos para pedir un protocolo de seguimento nutricional na sanidade pública. 

O Sergas crea un videoxogo para mellorar a empatía en pacientes mentais

Unhas 200 persoas en Galicia usan xa a versión beta desta plataforma en desenvolvemento que axuda ao recoñecemento de emocións. 

Sindicatos sanitarios piden a recuperación dos acordos salariais suspendidos en 2009

Convocan para o día 14 de xuño unha manifestación unitaria en Santiago, e avanzan "grandes mobilizacións" se non se producen avances. 

O BNG denuncia a "adquisición irregular" dun equipo de radioloxía no CHUS

O grupo parlamentario censura que vaya a ser destinado "para uso exclusivo" do servizo de radioloxía en prexuízo do resto de patoloxías. 

A limitación da interinidade "pode supoñer o despedimento de 4.500" profesionais sanitarios

Sanidade reitera o seu compromiso "firme" de publicar a OPE de 2017 e de negociar as súas características na mesa sectorial, ante a preocupación de ASMIG.

Un verán "a pleno rendemento" para reducir as listas de espera hospitalaria

CCOO insta ao Sergas a aproveitar a época estival no canto de "teimar" en pechar camas, servizos, plantas e manter quirófanos inoperativos. 

Unha anciá soporta viaxes de 6 horas ao seu tratamento tendo un hospital á beira da casa

A muller, natural de Carnota, ten que se levantar tres días á semana ás 5:30 para acudir ás súas sesións de hemodiálise en Santiago, tendo o de Cee a 20 minutos

Piden á Valedora investigar o "mal servizo" de cita telefónica do Sergas tras a súa privatización

A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública da Coruña presentou 4.000 firmas que apoian que o servizo volva ser xestionado por profesionais do Sergas

A Seguridade Social poxa un antigo policlínico de Vigo que o Sergas devolveu

SOS Sanidade Pública critica a "renuncia" da Xunta a pesar da "necesidade" de infraestruturas sanitarias en Vigo.

Ao PP non lle basta a poboación de Ourense para restablecer a cirurxía pediátrica do CHUO

Unha xubilación e un traslado deixaron o hospital cun só cirurxián pediátrico. A solución do Sergas, mandar os nenos a Vigo.

Asmig reclama un servizo médico permanente para Cíes e Ons durante os meses de verán

Os médicos interinos advirten que adoptarán as "medidas oportunas" no caso de que a Xunta "decida optar pola opción máis barata, pero menos seria e rigorosa". 


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE